InicioLugo e contornaLugoFerido un bombeiro nun incendio en Lugo nun edificio en ruínas 'okupado'

Ferido un bombeiro nun incendio en Lugo nun edificio en ruínas ‘okupado’

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un bombeiro resultou ferido á primeira hora da tarde deste marte mentres participaba nun operativo para sufocar un incendio que se produciu nun edificio da rúa Salvador de Madariaga e tivo que ser evacuado ao HULA para recibir atención médica.

Segundo informaron a EFE fontes do Centro Integrado de Atención a Emerxencias de Galicia ( CIAE), un particular chamou a través do teléfono 112 para avisar de que vía saír fume do tellado dun edificio de dúas plantas, na rúa Salvador de Madariaga, que comunica a Praza de Bretaña coa Avenida de Ramón Ferreiro.

Para responder a esta emerxencia, o CIAE mobilizou os bombeiros de Lugo, o servizo de urxencias sanitarias 061, a Policía Local e a agrupación de voluntarios de Protección Civil.

Ao chegar ao lugar indicado, os bombeiros comprobaron que o inmoble, en cuxa planta baixa houbo no seu día unha tenda que vendía prensa e lambetadas, estaba abandonado.

De feito, fontes dos propios bombeiros indicaron que neste inmoble adoitan pernoitar “ocupas e indixentes”, e que o lume e iniciou precisamente “na porcallada que había acumulada na primeira planta”.

Os labores de extinción obrigaron a cortar durante aproximadamente unha hora o tráfico na citada rúa.

Os mesmos informadores precisaron que un dos bombeiros resultou ferido ao ceder o piso da primeira planta e tivo que ser evacuado ao hospital, onde a media tarde seguía ingresado en observación para descartar calquera tipo de lesión.

+ posts

ÚLTIMAS

Visita do alcalde e da presidenta da Deputación de Lugo á EDAR polo día Mundial da Auga

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

A Policía desmantela unha rede de estafas á Seguridade Social con nexos en Lugo

A Policía Nacional desmantelou unha armazón composta por 38 empresas implicadas nunha presunta fraude...

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...