InicioLugo e contornaLugoUnha muller denuncia abandono do HULA: "Podo quedar nunha cadeira de rodas"

Unha muller denuncia abandono do HULA: “Podo quedar nunha cadeira de rodas”

Unha veciña de Quiroga de 70 anos denuncia a falta de atención do HULA ante unha doenza que a pode deixar en cadeira de rodas se non se opera.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A muller, protagonista desta historia, é veciña de Quiroga, ten 70 anos e a súa “odisea” comeza na primavera do 2017. A paciente ten duas hernias discais na L4 e L5, padece dor, produto “dunha lumbalxia con irradiación ao membro inferior dereito de carácter incapacitante”.

Despois de varias consultas e probas, en novembro do 2018, cos resultados na man, o traumatólogo do Hospital de Monforte confírmalle o previsto, segundo apunta a familia “que é necesario intervir as dúas hernias discais, que ten cita para febreiro do 2019 para a intervención, pero que a súa espalda está moi mal e habería que axilizar todo para intervila antes”. É a partir desde momento, que a familia asegura “vivir un rosario de accións inexplicables e contradictorias. E a desesperación ante o cúmulo de despropósitos” e todo pola falta de atención que di recibir no HULA. Toda a información no Xornal de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...

Carmela López e Miguel Fernández examinan as obras en Adolfo Suárez “acceso esencial para a intermodal”

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...