InicioA UlloaQueres aprender a traballar o coiro, o vimbio, o tapizado ou bordar...

Queres aprender a traballar o coiro, o vimbio, o tapizado ou bordar traxes tradicionais?

A Deputación organiza dende abril a novembro 9 cursos de iniciación á artesanía con 72 prazas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Coiro, xoeira, vimbio, fotografía artesanal, tapizaría, bordados de traxes tradicionais, son algúns dos cursos que se impartirán no CENTRAD e na aula do Centro de Cestería do Río Rato que organiza a Deputación de Lugo. Trátase de 9 cursos de iniciación de artesanía, que comezan dende abril ata novembro, e que ofrece 72 prazas dispoñibles.

Segundo informa a deputación provincial nun comunicado, esta convocatoria está aberta ao público en xeral, para achegarse e coñecer oficios tradicionais como cestería, coiro e tapizaría, ou descubrir outros máis innovadores como xoeira ou fotografía. “Ademais esta programación converterse nunha boa iniciativa para poñer en valor todo o sector artesanal da provincia”, indica.

No mes de abril comezan os cursos de cestería tradicional galega, complementos en coiro para preparar pezas para o Arde Lucus e tamén un Obradoiro de reprodución de refaixos bordados que imparte TRAXANDAINA. No mes de maio tamén haberá tres cursos de xoiería técnicas básicas, elaboración de pezas en fibra de roten e un curso de iniciación á tapizaría. No mes de xuño a programación inclúe dous cursos, un de elaboración de figuras con vimbio e un curso de fotografía artesanal. E por último no mes de outubro un curso de xoeira creativa.

Inscrición

Esta convocatoria está aberta ao público en xeral, e os interesados deben inscribirse a partir do luns, a través da web da Deputación, onde haberá un banner habilitado, e onde se indica a matrícula a pagar en cada curso. Para consultar ou recibir información sobre esta programación esta dispoñible o teléfono 982 21 00 66. Os participantes nestes obradoiros deberán indicar os seguintes datos; nome e apelidos, teléfono de contacto e indicar en cal das programacións quere participar.

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño

A Deputación de Lugo abrirá o vindeiro luns o prazo para inscribirse nas novas actividades ambientais...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...