InicioLugo e contornaLugoA alcaldesa de Lugo sobre o 8M: "Son Lara Méndez, alcaldesa de...

A alcaldesa de Lugo sobre o 8M: “Son Lara Méndez, alcaldesa de Lugo, muller e feminista, tremendamente feminista”

A xurista Paula Fraga, a activista Cristal Ramírez e a escola politécnica, premios Entremulleres. A Deputación súmase ás reclamacións do día da muller.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xurista e activista Paula Fraga, a activista polos dereitos LGTBI Cristal Ramírez e a comisión de igualdade da Escola Politécnica recibiron os premios Entremulleres, que convocan a Deputación e o Concello de Lugo.

No acto, a alcaldesa, a socialista Lara Méndez, reivindicouse como “muller e tremendamente feminista”. Pola súa banda, o goberno do organismo provincial emitiu un comunicado subliñando que se suma ás reclamacións deste 8 de marzo, día internacional da muller.

“Gustaríame iniciar a intervención dicindo que son Lara Méndez, alcaldesa de Lugo, muller e feminista, tremendamente feminista”, proclamou no salón de plenos do Concello, onde se topou cun piquete informativo na mañá deste venres.

No seu discurso advertiu de que, ao seu xuízo, habería que estar a conmemorar este día “para seguir adquirindo dereitos e seguir loitando pola igualdade real”, ou falando “da brecha salarial”, pero “desgraciadamente” hai que “incidir moitísimo en non perder eses dereitos que se conseguiron”.

Non podemos permitir que o representante de todos os galegos (Feijóo) non defenda o feminismo porque entón estamos nunha situación de ou non entendemos o feminismo que é o movemento que nace para combater unha desigualdade, un movemento que nace para combater o patriarcado, para combater o machismo, ou non o entende ou non cre na igualdade real entre homes e mulleres”, afeou ao presidente da Xunta.

ÚLTIMAS

Un proxecto de larvas de mosca para usos agrarios e animais, novo proxecto industrial estratéxico en Palas de Rei

O Goberno galego analizou este luns o acordo polo que se declara proxecto industrial...

Buscan un menor migrante desaparecido do centro de acollida de O Malvarón en Monforte de Lemos

Desde este domingo, as forzas de seguridade buscan a un mozo migrante menor de...

Collen a varios vehículos a máis de 200km/h tras participar en carreiras ilegais na A-6 en Outeiro de Rei

A Garda Civil culminou un dispositivo especial de vixilancia imputando en calidade de investigados...

Lugo Monumental leva á UE a peonalización do centro: “Mala xestión, danos e máis de 100 comerciantes feridos”

O presidente de Lugo Monumental, Luís Latorre, expuxo, ante a Comisión de Peticións da...