InicioA UlloaA Fruga denuncia que o 90% das vacas sacrificadas por tuberculoses estaban...

A Fruga denuncia que o 90% das vacas sacrificadas por tuberculoses estaban “sas”

Ademais, critica o atraso en cobrar as axudas da Xunta. "Houbo animais sacrificados en setembro e a día de hoxe non cobraron ningunha axuda polo sacrificio", apunta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O coordinador en Lugo da Federación Rural Galega (Fruga), Elías Somoza, denunciou leste vés que o 90 por cento das vacas sacrificadas por tuberculoses na última campaña de saneamento estaban “sas”.

Somoza queixouse de que “se repite o de sempre, que é a aparición dunha cantidade considerable de falsos positivos“, algo que “se repite campaña tras campaña”. “Sabemos que houbo moitos dos animais que tiveron que ser sacrificados e unha vez feitas as probas post mortem no matadoiro, eses animais estaban sans”, asegurou.

“É un fenómeno que ano tras ano se vén repetindo e é un fenómeno que se chama aos reaccionantes, animais que reaccionan a sustancias que se lles inxectan para a proba da tuberculose”, precisou.

Así, o coordinador da Fruga en Lugo apelou á necesidade de “tomar medidas”, afeando seguidamente que “cando se marca un animal para sacrificar” dan “15 días para facelo”. “E despois tes dereito a axudas da Xunta de Galicia, pero algunhas se atrasan ata seis meses”, engadiu.

“Houbo animais sacrificados en setembro e a día de hoxe non cobraron ningunha axuda polo sacrificio. Ademais, o atraso en recibir as axudas é unha dificultade engadida para as explotacións que teñen algún seguro de cobertura”, alertou finalmente.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...

A CIG denuncia a “criminalización” dos traballadores que enferman este 1 de Maio

Centos de persoas saíron á rúa en Lugo, no acto central convocado polo sindicato...