Home Lugo e contorna Lugo Barreiro quere seguir no Senado

Barreiro quere seguir no Senado

0
Barreiro quere seguir no Senado
José Manuel Barreiro | Óscar Bernárdez

O senador José Manuel Barreiro, do Partido Popular, que na última lexislatura exerceu como viceportavoz do seu grupo, asegurou que sente “con ánimo” e “con forza” para seguir traballando na Cámara Alta, aínda que precisou que esa será unha decisión que terá que tomar a súa formación política.

“Síntome con ánimo e con forza”, dixo Barreiro, quen tamén lembrou que forma parte da “deputación permanente” do Senado, de modo que segue “cumprindo” coas súas “obrigacións como representante da provincia de Lugo” na Cámara Alta.

En calquera caso, Barreiro precisou que aínda “hai marxe de tempo suficiente” para configurar as candidaturas do Partido Popular ao Congreso e ao Senado.Precisou, así mesmo, que “o importante non son os nomes, senón os proxectos políticos” e “en España só hai un que pode garantir a unidade e a estabilidade”.

Nese sentido, asegurou que nas próximas eleccións xerais o “voto útil é ao Partido Popular”.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here