InicioEconomíaFolga: A CIG denuncia unha"desproporcionada" actuación policial en Lugo

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A CIG denuncia unha “actuación desproporcionada” tanto da Policía Nacional como da Policía Local no piquete informativo con motivo da folga xeral en Ecolugo, “onde identificaron varias persoas sen razón ningunha”. Con todo, indica que no servizo de recollida de lixo da cidade funcionan unicamente os servizos mínimos.

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa non entrou a quenda de noite e tamén está “parada ao 100%” FCC, que xestiona a recollida de lixo e a limpeza viaria da cidade. En BorgWarner Zamans, na quenda de noite, dun total de 152 persoas só entraron tres encargados e oito persoas no taller, segundo a CIG, e na planta de Pescanova de Chapela só entrou parte do persoal.

“Prácticamente todas as empresas do sector da automoción tanto de Vigo como de O Porriño están paradas, así como a empresa de loxística e de transporte de mercadorías STEF”, sinala. Na Coruña, o servizo de recollida de lixo do Consorcio das Mariñas, que inclúe todos os concellos da área metropolitana –agás a propia Coruña e Arteixo– está “parado”, engade, como tamén o da cidade.

No almacén de Zara loxística o paro tamén está a ser, segundo a central, “significativo” na quenda de noite e agarda que haxa un maior seguimento nas de día.

En Ferrol, a quenda de noite de Navantia non entrou, o lixo de Narón tampouco e só funcionan os servizos mínimos na recollida da cidade departamental. En Pontevedra, o seguimento é “total” na quenda de noite de Treves e do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos non saíu “nin a quenda de noite nin os servizos mínimos”.  Pola súa banda, en Ribadavia, “practicamente todo o persoal da fábrica de pezas e compoñentes metálicos Rubí Automotive da quenda de noite secunda a folga”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...