Home Lugo e contorna Lugo O Concello de Lugo responde ao PSOE sobre a campaña de dinamización da Avenida da Coruña

O Concello de Lugo responde ao PSOE sobre a campaña de dinamización da Avenida da Coruña

0
O Concello de Lugo responde ao PSOE sobre a campaña de dinamización da Avenida da Coruña
A Avenida da Coruña, en Lugo | Google Maps
O Concello de Lugo lembra que a dinamización  e comercial da avenida da Coruña e dos barrios próximos xa estaba recollida na memoria do PAI Novo Norte elaborada polo anterior Goberno municipal. En concreto, a actuación P1.9 recolle expresamente unha «Campaña para a posta en valor da avenida da Coruña e barrios próximos».
Trátase, polo tanto, dunha liña de traballo que forma parte da propia planificación do Novo Norte e que busca crear novos atractivos e experiencias para estender a actividade económica a outros puntos da cidade, favorecer a chegada de visitantes á zona norte e xerar oportunidades para o comercio, a hostalería e os servizos de proximidade.
Neste marco sitúase o primeiro paquete de actuacións vinculado ao Nadal, que inclúe un mercado, dous carruseis e catro espazos con decoración e actividades propias destas datas. O obxectivo é crear novos motivos para achegarse á zona norte, estender a actividade do Nadal máis alá do centro e favorecer o movemento de persoas e o consumo nos negocios da contorna.
Estas iniciativas constitúen o primeiro grupo de actuacións concretas dunha estratexia máis ampla, que se irá desenvolvendo progresivamente ao longo do calendario do PAI.
Estudo de mobilidade Avenida da Coruña

En relación co  bulevar da avenida da Coruña, o Concello está a tramitar un estudo específico de mobilidade da zona que permitirá analizar as distintas alternativas posibles. A decisión sobre o modelo de actuación que se desenvolverá tomarase a partir dos resultados deste estudo, tendo en conta as necesidades de mobilidade da avenida e da súa contorna.
O Goberno local considera necesario realizar esta análise antes de definir a solución, co fin de que as futuras actuacións respondan ás necesidades reais da zona.
Unha estratexia máis ampla para a zona norte
O PAI Novo Norte non se limita a actuacións puntuais nin a unha única campaña. A súa planificación inclúe tamén intervencións de carácter estrutural, como unha actuación no Parque da Milagrosa, San Lorenzo, Paradai … etc.
O plan conta cun investimento global de 14.550.506 euros, financiado nun 60 % con fondos FEDER e nun 40 % con achegas municipais, e ten como horizonte de desenvolvemento o ano 2030.
O Concello defende unha visión integral da zona norte, na que as actuacións de dinamización turística e comercial compleméntanse cos investimentos en espazo público, equipamentos e mellora urbana. O propósito é xerar actividade, mellorar a calidade de vida da veciñanza e favorecer que os beneficios do desenvolvemento da cidade cheguen tamén aos barrios.
+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here