Home Política Efrén Castro reafirma o compromiso da Vicepresidencia provincial co automobilismo

Efrén Castro reafirma o compromiso da Vicepresidencia provincial co automobilismo

0
Efrén Castro reafirma o compromiso da Vicepresidencia provincial co automobilismo

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro asistiu á cerimonia de saída do Rally San Froilán, que se celebrou na Praza da Horta do Seminario, en Lugo.

Centos de persoas achegáronse a este punto de encontro para ver os 114 vehículos que participan na 48 edición do Rally, entre eles o focense Bruno Martínez Bermúdez, gañador do Volante Deputación, que debuta na competición  tras gañar o Volante Deputaciónno pasado mes de maio.

No acto, Efrén Castro ratificou o apoio da institución provincial a unha proba que “converte Lugo no punto de referencia de todos os afeccionados e afeccionadas ao automobilismo galego” e que “ano a ano refrenda co seguimento nas estradas, pero tamén coa gran participación de equipos e escuderías locais, que somos unha provincia de deportes de motor”

A cerimonia celebrouse tras as dúas primeiras pasadas polos treitos de Outeiro de Rei e O Corgo, que se disputaron durante a tarde. O Rally continúa mañá coas segundas pasadas por estes treitos e as dúas previstas nos treitos de Baralla, Sarria e Samos.

A Vicepresidencia da Deputación patrocina un ano máis a proba, a penúltima do Campionato Galego de Asfalto.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here