Home Sucesos Xulgado por tirotear un veciño co que mantiña liortas e ameazou polas RRSS

Xulgado por tirotear un veciño co que mantiña liortas e ameazou polas RRSS

0
Xulgado por tirotear un veciño co que mantiña liortas e ameazou polas RRSS
Edificio dos Xulgados de Lugo.

A Audiencia Provincial de Lugo fixou para a próxima semana o xuízo contra un home acusado de tentar matar a tiros a outro co que mantiña rifas e ameazalo despois nun vídeo colgado na rede social TikTok. A audiencia preliminar será o luns e, se non se alcanza un acordo, xulgarase o caso o venres.

Segundo recolle o escrito de Fiscalía, os feitos sucederon no mes de agosto de 2025, cando o procesado, en compañía doutra persoa que non puido ser localizada, dirixiuse ao Camiño de Sisulfes, en Lugo, onde residía un home co que “tiña malas relacións previas”.

A vítima atopábase no exterior da súa vivenda reparando un vehículo cando recibiu un refacho de disparos desde o coche do procesado. Por sorte, conseguiu fuxir e porse a cuberto, pero o vehículo recibiu numerosos impactos de bala. Con posterioridade, o acusado colgou unha serie de vídeos na aplicación TikTok nos que ameazaba á vítima con matalo e aseguraba que iría por el “nuns días”.

O Ministerio Público considera os feitos constitutivos dun delito de homicidio en grao de tentativa, un delito de tenencia ilícita de armas e un delito de ameazas e ten en conta a atenuante de consumo de drogas. Pide para o procesado nove anos e medio de prisión.

+ posts