InicioSucesosTres feridos en Castro de Rei logo dunha colisión entre dous vehículos

Tres feridos en Castro de Rei logo dunha colisión entre dous vehículos

Tres persoas resultaron feridas este martes tras producirse unha colisión frontal entre dous vehículos na localidade lucense de Castro de Rei.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tres persoas resultaron feridas este martes tras producirse unha colisión frontal entre dous vehículos na localidade lucense de Castro de Rei.

Segundo detallou o 112 Galicia, sobre as 11.15 horas un particular alertaba á central de emerxencias de que se produciu un choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da estrada N-640.

Ademais, nesta primeira comunicación, o alertante sinalaba que unha persoa permanecía atrapada no interior do habitáculo.

Con estes datos, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activou un operativo do que formaron parte o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da vía.

Xa no lugar, os bombeiros liberaron á persoa que permanecía atrapada, que foi trasladada xunto con outros dous feridos polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...