O Consello da Xunta autorizou este luns a licitación do contrato de execución das obras de construción de 24 vivendas de promoción pública na rúa Angelo Colocci, nunha parcela permutada co Concello de Lugo. O importe de licitación do contrato será de 4.275.751,05 euros.
A edificación proxectada ten unha superficie construída total de 3.539,55 metros cadrados. No que se refire a a distribución, o soto destinarase a 18 prazas de garaxe, unha delas adaptada, ocupando toda a superficie da parcela.
A planta baixa será destinada a dous portais de acceso, local garaxe en planta baixa para 6 prazas, 24 trasteiros, local veciñal, centro de transformación e cuartos de instalación, ocupando toda a superficie da parcela. Nas plantas primeira, segunda, terceira e cuarta, haberá 5 vivendas por piso. A planta baixo cuberta estará destinada a 4 vivendas.
