InicioLugo e contornaRetencións na A-6 en Becerréa polas obras da autovía

Retencións na A-6 en Becerréa polas obras da autovía

Segundo a información da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), a "conxestión" rexístrase durante seis quilómetros da vía en dirección Madrid.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As obras da A-6 na provincia de Lugo están a xerar retencións de varios quilómetros en Becerreá, coincidindo coa operación saída da segunda quincena de agosto. Segundo a información da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), a “conxestión” rexístrase durante seis quilómetros da vía en dirección Madrid, desde o punto quilométrico 460.0 ata o 455.3.

A A-6 está cortada nese punto, cun desvío pola N-6, con motivo das obras que realiza en varias fases o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable para a rehabilitación estrutural da autovía entre os quilómetros 407 e 480,5, nas provincias de Lugo e León.

PP DENUNCIA UNHA “CAÓTICA ORGANIZACIÓN”

Pola súa banda, o PP da provincia de Lugo compartiu o “malestar” dos veciños, viaxeiros e transportistas con motivo das retencións e criticaron a “falta de organización e de comunicación do Goberno central cos concellos”. “Non criticamos o que se fai porque, de feito, levamos moito tempo reclamando obras de mellora do firme da A-6 na provincia, senón que criticamos o como, as formas: a falta de organización e, sobre todo, a falta de comunicación do Goberno central cos concellos”, sinalaron nun comunicado os populares da provincia de Lugo.

Así, representantes do PP lucense no Congreso e no Senado pedirán explicacións ao Goberno ante a “mala execución” do plan de mobilidade polas obras de rehabilitación do firme da A-6. Tamén, volveron a reclamar ao Goberno central que revise o dispositivo previsto mentres se realizan os traballos co obxectivo de “evitar novos prexuízos” aos veciños da comarca e aos condutores.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...