InicioEconomíaDúas mil sinaturas contra o traslado da estación de buses de Lugo

Dúas mil sinaturas contra o traslado da estación de buses de Lugo

Lugo Monumental aposta por manter e adecentar a estación de buses e pide desvincular este debate da chegada da Alta Velocidade á cidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo Monumental presentou no rexistro da Xunta de Galicia dúas mil sinaturas en oposición ao traslado da estación de buses. A patronal do casco histórico, que puxo información e recolleu os apoios a iniciativa da propia veciñanza, defende que o propio goberno galego conclúe que a ubicación actual favorece o modelo de mobilidade da cidade.

As sinaturas corresponden a 1.575 en papel e outras 511 na plataforma dixital change.org. Dende Lugo Monumental trasladan que manter e reformar a estación de buses é mellor alternativa que fusionala na futura intermodal. A asociación pide desvincular esta decisión dos traballos para a chegada da Alta Velocidade, por considerar que é un “debate falseado”.

“Vincúlase erroneamente a necesidade da intermodal coa chegada do AVE a Lugo”, explican. O colectivo empresarial traslada que o debate “demóstrase falso” ao comprobar que Madrid, “a cidade con máis liñas de alta velocidade de España”, carece de estación combinada. Opinan en Lugo Monumental que o proxecto da intermodal é un engano, porque “a data dos trens, o que realmente se necesita, aprázase ano tras ano”.

Convidan dende Lugo Monumental a consultar o estudo realizado pola Xunta de Galicia, titular da infraestrutura. “Máis da metade dos usuarios da estación de buses acuden camiñando (54 por cento), mentres que tan só o 16 por cento dos usuarios da de tren o fan deste xeito”. Nese senso, a patronal aposta por evitar “o uso do vehículo particular” e promocionar o transporte público urbano.

“Alonxar as estacións dos cascos históricos é unha política que se está desbotando, porque o modelo de transporte interurbano aposta por minimizar os desprazamentos e procurar alternativas peonís”. Así, amosan o exemplo de Madrid, que completou a interoperabilidade entre estacións con transporte urbano; o de Santiago de Compostela, “que plantexa achegar a intermodal ao núcleo urbano”; ou o de Vigo, “que levou o tren o máis preto de Urzáiz que se podía”.

A Xunta rexeita o protocolo da Intermodal de Lugo proposto por Fomento

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...

Alugueres “alcanzables” en Lugo e penalización a propietarios con vivenda baleira

Lugo contará cun ambicioso Plan Municipal de Vivenda, unha folla de ruta que busca...