InicioSucesosDetido un condutor en Lugo que tentou evadirse na proba de alcoholemia

Detido un condutor en Lugo que tentou evadirse na proba de alcoholemia

O detido, un veciño de Lugo de 32 anos, chegou a empurrar a un axente da Policía Local no intento por zafarse e abandonar o lugar

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo detivo a un condutor por delitos contra a seguridade viaria, resistencia, desobediencia e atentado contra axentes da autoridade. O individuo en cuestión foi interceptado con signos de conducir baixo os efectos de bebidas alcohólicas, fixo intentos por abandonar o lugar e chegou a empurrar a un dos efectivos policiais.

O implicado no incidente é un veciño da cidade, R.F.C.V., de 32 anos. Consta no relato da Policía Local que era o condutor dun vehículo con matrícula 6799CKG, e que circulaba na madrugada do xoves “de maneira anormal, dando aceleróns, con zigzaqueos e freadas” polo Carril das Hortas.

Contra as dúas da mañá, chegou á Rúa Paxariños e detívose nun semáforo na intersección con San Roque, malia que a luz estaba en verde. Os axentes decatáronse da circunstancia e baixaron do coche para interesarse polo condutor, comprobando que presentaba “evidentes signos” de atoparse baixo os efectos de bebidas alcohólicas.

Decontado, pedíronlle que se sometera á proba de alcoholemia, ao que se negou “de forma tallante” para tentar “abandonar o lugar, non sen antes dar un empuxón a un dos axentes”, informou a Policía Local. Para evitalo, os axentes tiraron del polo brazo, mentres o condutor interceptado realizaba espaventos, “impactando aos policías en varias ocasións”. Finalmente, o varón foi reducido e introducido “pola forza” no vehículo da Policía Local.

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Detido un home por entrar ilegalmente na vivenda da súa irmá en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...