InicioSociedadeO Supremo ratifica a suspensión do garda civil por inxurias contra De...

O Supremo ratifica a suspensión do garda civil por inxurias contra De Lara

O garda civil foi suspendido 15 meses por emitir un informe pernicioso contra maxistrada e está pendente doutro xuízo por insultar e ameazar á propia Pilar de Lara

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE – Redacción | O Tribunal Supremo desestimou o recurso interposto polo garda civil suspendido por inxurias e calumnias á xuíza Pilar de Lara. Ratifica deste xeito os 15 meses de suspensión de emprego ditados polo Tribunal Militar Central, pola realización dun atestado sobre un escrito da maxistrada no que pretendía “dar apariencia delictiva aos feitos que relata”. O axente ten pendente outra causa por ameazar á maxistrada.

Considera o Supremo que o garda civil é responsable dunha “falta moi grave” en relación co “abuso de atribucións, que causa grave dano aos cidadáns e á administración”. O axente, que recoñeceu abertamente unha “manifesta enemistade” coa xuíza, emitiu un atestado coa “clara intención” de darlle “apariencia delictiva” a un informe redactado por Pilar de Lara.

Os feitos datan de 2014, J.M.B. tivo acceso a un informe da titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, no que valoraba positivamente a actuación de dous membros do Instituto Armado que estaban “baixo as súas ordes” na investigación que daquela levaba a cabo. O garda civil emitiu un atestado en relación co escrito, engandindo que “descoñece se trala elaboración do informe pode existir un beneficio económico” para De Lara ou os axentes mencionados.

Relata o alto tribunal que “querendo que a actuación parecese da Garda Civil de Lugo, abusou das atribucións do cargo, pois en realidade a finalidade non era un asunto de servizo, senón un asunto puramente particular”. En consecuencia, a “conduta abusiva” do recorrente causou “un grave dano á maxistrada”, porque tivo “repercusión tanto na prensa como nas redes sociais”.

O garda civil agarda sentenza polo xuízo celebrado no Xulgado do Penal de Lugo a mediados de xaneiro. O Ministerio Público pide dous anos de cadea para o suposto autor de insultos graves e ameazas contra a xuíza De Lara nun foro da benemérita.

ÚLTIMAS

Protesta cidadá en Parga pola falta de médicos durante o mes de decembro

Veciños e veciñas de Guitiriz, xunto coa corporación municipal, concentráronse este venres fronte ao...

Os xulgados de Lugo poñen en marcha unha nova campaña solidaria de alimentos para bebés

O Decanato dos xulgados de Lugo comeza este venres e ata o próximo día...

O alcalde de Lugo e a concelleira María Reigosa negan unha “crise interna” e levarán xuntos Medio Rural

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e a concelleira María Reigosa compareceron este venres...

Unha balsa ilegal de xurros causa unha catástrofe ambiental no Landro

A Garda Civil investiga ao administrador único dunha explotación gandeira situada en Muras como...