Home Sucesos Dous feridos en Xermade tras unha colisión entre dous vehículos

Dous feridos en Xermade tras unha colisión entre dous vehículos

0
Dous feridos en Xermade tras unha colisión entre dous vehículos
Helicóptero 061

Unha colisión entre dous vehículos na localidade lucense de Xermade saldouse con dúas persoas feridas, unha delas de gravidade.

Segundo trasladou o 112 Galicia, o sinistro produciuse sobre as 12.00 horas deste luns na estrada LU-540, ao seu paso pola parroquia de Roupar.

Ao ter coñecemento dos feitos, os operadores da central de emerxencias solicitaron a intervención dos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviou ao momento a unha dotación a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Xa no lugar, os servizos sanitarios prestaron asistencia médica a dúas persoas, unha delas ferida de gravidade que foi trasladada na aeronave.

Ademais, acudiron ao lugar do sinistro axentes da Garda Civil e os Bombeiros de Vilalba, xa que nun primeiro momento parecía que as persoas implicadas estaban atrapadas nos vehículos.

+ posts