InicioSucesosActivan a busca dunha muller de 41 anos desaparecida en Lugo dende...

Activan a busca dunha muller de 41 anos desaparecida en Lugo dende o 25 de xuño

SOS Desaparecidos pide colaboración cidadá para localizar a Mónica C.S., vista por última vez o pasado xoves 25 de xuño

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación SOS Desaparecidos activou este sábado, 4 de xullo, unha alerta para tratar de localizar a Mónica C.S., unha muller de 41 anos desaparecida en Lugo desde o pasado 25 de xuño.

Segundo a información difundida pola organización, a muller foi vista por última vez o xoves 25 de xuño. Co obxectivo de facilitar a súa identificación, SOS Desaparecidos trasladou varios datos físicos de referencia.

Mónica mide arredor de 1,70 metros, é de complexión delgada, ten o cabelo canoso e os ollos castaños.

A entidade pediu a colaboración cidadá para reunir calquera dato que poida axudar a dar co seu paradoiro. Para iso, habilitou o teléfono 868 286 726.

Tamén se pode comunicar calquera información a través dos números das forzas e corpos de seguridade ou dos servizos de Emerxencias.

+ posts

ÚLTIMAS

Axenda teatral do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación

Continúa a dinámica axenda teatral dos concellos de Lugo dentro do Circuíto de Teatro...

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...