InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo aproba a licitación de contrato da programación dos...

O Concello de Lugo aproba a licitación de contrato da programación dos centros de convivencia

O Centro de Convivencia de Fingoi pon en marcha durante os meses de xullo e agosto unha nova actividade gratuíta de pilates ao aire libre, aberta a toda a cidadanía

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local aprobou a licitación do contrato da programación dos centros de convivencia, poñendo fin a unha situación na que o servizo viña prestándose co contrato caducado desde había máis de dous anos.

O novo contrato prevé un investimento total de 2.724.849,92 euros, o que permitirá ampliar os recursos destinados á programación sociocultural e consolidar unha oferta estable de actividades nos centros de convivencia da Milagrosa, Fingoi, Leiras Pulpeiro, Sagrado Corazón, Uxío Novoneira, Maruja Mallo, María Balteira e Abella, así como no Centro Interxeracional Paco Martín.

A nova contratación contempla un volume de 28.668 horas anuais de actividade, das que 16.056 horas estarán destinadas á dinamización diaria dos centros de convivencia, 10.870 horas corresponderán a obradoiros, aulas abertas para menores e outras actividades socioculturais, e 1.742 horas dedicaranse á coordinación do servizo. Ademais, inclúe a organización de 10 saídas culturais ao ano.

A programación desenvolverase ao longo de todo o ano e incluirá actividades culturais, educativas, de promoción da saúde, envellecemento activo, intercambio interxeracional, conciliación familiar, dinamización dos barrios, aulas abertas para menores, xogos, bailes, lectura, saídas culturais e actividades de sensibilización e participación comunitaria.

O servizo está dirixido ao conxunto da poboación, aínda que presta especial atención ás persoas maiores, ás persoas con capacidades diferentes, ás familias, á infancia e aos colectivos en situación de maior vulnerabilidade, convertendo os centros de convivencia en espazos de encontro, participación e cohesión social.

Este contrato supón pasar dun investimento anual de 278.579 euros repartido en dous contratos separados a unha licitación única de 576.410 € anuais. Ademais do reforzo económico, o novo contrato incrementa en máis de 10.000 horas anuais a actividade nos centros.

A Xunta de Goberno Local do Concello tamén abordou o reforzo de persoal técnico co nomeamento dun funcionario de carreira na categoría de enxeñeiro de Camiños, mediante promoción interna, reforzando así a estrutura técnica municipal.

No ámbito urbanístico, a Xunta de Goberno Local figura a concesión de tres licenzas para actuacións residenciais: (123 vivendas que supoñen ingresar nas arcas municipais 270.000 €)

Colaboración con outras administracións

Tamén se procede á aprobación do texto do convenio de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para axilizar a construcción do parque canino en Fontiñas. A Xunta asumirá o financiamento que ascende a  140.000 euros  así como  a execución das obras e o concello porá a disposición os terreos asumindo posteriormente o seu mantemento.

ACTIVIDADES DEPORTIVAS FIN DE SEMANA

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, fixo hoxe unha valoración moi positiva da intensa actividade deportiva vivida na cidade durante a pasada fin de semana, na que Lugo acolleu tres importantes competicións que reuniron a máis de 1.500 deportistas e técnicos, ademais de centos de familiares e acompañantes.

A celebración do Campionato de España de Voleibol CESA, do Campionato de España Sub-20 Feminino de Hóckey Liña e do Campionato Galego de Barco Dragón converteu Lugo nun importante punto de encontro do deporte base e de competición, cun impacto directo tamén na actividade económica da cidade, rexistrándose unha elevada ocupación hoteleira.

CENTRO CONVIVENCIA FINGOI

O Centro de Convivencia de Fingoi pon en marcha durante os meses de xullo e agosto unha nova actividade gratuíta de pilates ao aire libre, aberta a toda a cidadanía. As sesións celebraranse os luns e mércores ás 18.30 horas na zona verde do paseo do Miño, situada ao cruzar a pasarela de madeira sobre a N-VI, na zona de Alfonso X.
Para participar unicamente será necesario acudir cunha esterilla e auga. As persoas que se despracen en vehículo poderán estacionar nas inmediacións do Pazo dos Deportes. Con esta iniciativa, o Concello continúa promovendo actividades gratuítas que fomentan hábitos de vida saudables e o uso dos espazos naturais da cidade.
+ posts

ÚLTIMAS

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...

A Deputación comeza as obras na vía de Louxas en Navia de Suarna

  A Deputación de Lugo vén de iniciar os traballos de rehabilitación da vía LU-P-3506,...

A socialista González Abelleira reclama a Candia o aparcadoiro proxectado para o Ceao

A voceira adxunta lembra que o proxecto  conta cun orzamento de 450.000 euros, está...