InicioCulturaA Deputación colabora con Xuvenciencia no Campus Terra para fomentar a curiosidade...

A Deputación colabora con Xuvenciencia no Campus Terra para fomentar a curiosidade científica entre os máis novos

O Deputado Miguel Fernández participou este luns na inauguración do 14º Campus de Verán XuvenCiencia, que reúne 95 estudantes ata o 4 de xullo nun programa de experimentación, investigación e convivencia impulsado pola USC

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou este luns na apertura do 14º Campus de Verán Xuvenciencia, que tivo lugar no Auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus Terra. A Deputación de Lugo colabora con esta cita, que está enmarcada dentro do apoio anual que a institución provincial ofrece á Universidade de Santiago de Compostela.

Miguel Fernández deu a benvida ao alumnado e destacou o valor educativo, científico e social desta iniciativa, subliñando “que se trata dunha oportunidade única para achegar a mocidade á realidade da investigación e ao funcionamento dos laboratorios e centros universitarios”. Sinalou ademais que a semana que comeza será unha experiencia diferente ás demais, “na que o alumnado poderá realizar experimentos, acceder a laboratorios, resolver retos e coñecer de primeira man o traballo científico”.

Así mesmo, o Deputado fixo especial fincapé na curiosidade como motor do coñecemento e destacou o papel da universidade pública como espazo fundamental de creación e transferencia de coñecemento á sociedade, e rematou lembrando o compromiso da Deputación “co apoio á mocidade, á educación pública e á investigación como piares estratéxicos para o futuro da provincia”.

O vixésimo cuarta edición do Campus de Verán XuvenCiencia deu comezo hoxe no Campus Terra e se desenvolverá ata o 4 de xullo, reunindo 95 mozos e mozas de 4º da ESO, Bacharelato e ciclos medios de Formación Profesional nunha experiencia de inmersión científica e convivencia universitaria.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...