InicioMedioambiente e PatrimonioOs museos provinciais celebran 20 anos de traballo en rede con ampla...

Os museos provinciais celebran 20 anos de traballo en rede con ampla axenda de actividades

A deputada de Cultura Iria Castro, a xerente da Rede Museística Provincial Encarna Lago e a directora do Museo Provincial de Lugo Aurelia Balseiro presentaron este mediodía a programación, articulada baixo o epígrafe "Escola, Cultura e Territorio: Verán na Rede Museística".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os museos provinciais acollerán durante o verán unha ampla axenda de actividades culturais, divulgativas e didácticas, unha programación pensada para seguir achegando os fondos dos museos a persoas de todas as idades e conmemorar o vinte aniversario da constitución da apertura do Pazo de Tor como Museo e da constitución da Rede Museística Provincial.

A deputada de Cultura Iria Castro, a xerente da Rede Museística Provincial Encarna Lago e a directora do Museo Provincial de Lugo Aurelia Balseiro presentaron este mediodía a programación, articulada baixo o epígrafe “Escola, Cultura e Territorio: Verán na Rede Museística”.

Iria Castro explicou que “a programación incide na apertura dos museos a todos os públicos, e especialmente as máis novas e novos, creando oportunidades para que se acheguen ao patrimonio e á creación artística” e remarcou que “a configuración da Rede, cos catro museos espallados polo territorio, facilita que estas propostais culturais e didáctica, que involucran a artistas e colectivos diversos, chegue a persoas de toda a provincia”

Encarna Lago explicou que “a programación de actividades de verán deseñouse co obxectivo de dar o máximo protagonismo ao vinte aniversario da creación da Rede e da apertura do Pazo de Tor e de visibilizar o proxecto de museos inclusivos, igualatarios e centrados nas persoas que levamos dúas décadas desenvolvendo”.

O acto de presentación contou tamén coa participación das artistas Soila Jankowska e Cris Bamio, que impartirán os obradoiros “A linguaxe do barro”,  e do colectivo Terras Irmás, unha entidade asentada en Lugo e centrada na creación de redes de colaboración entre entidades educativas, culturais e sociais, fomentando o intercambio de experiencias e a aprendizaxe mutua entre diferentes territorios europeos.

+ posts

ÚLTIMAS

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

A Deputación esixe á Xunta a retirada do decreto que pecha os centros de saúde os sábados

  O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes reclamarlle á Xunta de Galicia...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...

Unha ex-axente de banca en Monterroso acepta cinco anos de prisión por estafar 250.000 euros a catro familiares

Unha exagente bancaria de Monterroso aceptou este martes cinco anos de prisión e varias...