InicioPolíticaEU e Podemos avanzan amodo cara o “obxectivo de unidade” en Lugo

EU e Podemos avanzan amodo cara o “obxectivo de unidade” en Lugo

As negociacións entre Equo, EU e Podemos para concorrer en Lugo continúan sobre seguro, sen abordar aínda o cabeza de lista para as municipais

PUBLICADA O

- Advertisement -

Equo entrou na dinámica e “todo avanza segundo o previsto”. Podemos e Esquerda Unida (EU) continúan a rolda de contactos na que definirán os termos da alizanza para os comicios locais en Lugo. A percepción é positiva xusto antes de afrontar a confección dese “equipo plural”, a lista coa que competir o 26 de maio co “bloque de dereitas” de fondo.

Mais o avance prodúcese con cautela, “construíndo en base a todas as cousas que compartimos” e sen marcar prazos que tensionen as posicións. Despois de fixar os aspectos programáticos básicos, as forzas perciben “sintonía”, aínda que semella obvio que terán que acelerar a medida que se achegan as urnas.

E queda o máis difícil, estabelecer quen, e en que orde, resultarán elixibles pola coalición. Dende a parte de Podemos recalcan que nunca serán obstáculo para o acordo definitivo, pero cómpre lembrar que EU desmarcouse en 2015 da alianza estatal. Os equipos negociadores din que é momento de “esquecer as loitas e os purismos ideolóxicos”.

Podemos contacta en Lugo con integrantes de Anova e ex de Lugonovo

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...