InicioMedioambiente e PatrimonioA Xunta reitera que cubrir Quiroga Ballesteros será decisión do Concello

A Xunta reitera que cubrir Quiroga Ballesteros será decisión do Concello

Patrimonio emitiu un informe desfavorable pero non vinculante – O Concello afirma que “seguirá traballando” polo espazo cuberto en Quiroga Ballesteros

PUBLICADA O

- Advertisement -

A idea de crear un espazo cuberto entre o mercado e a Praza de Abastos seguirá a ser, polo de agora, unha idea. O Consello Territorial de Patrimonio Cultural  emitiu un veredicto negativo sobre a cuberta de Quiroga Ballesteros, malia que inicialmente non puxera reparo á obra. O Concello de Lugo podería ignorar o informe, mais apostará por reformar o proxecto para contar coas máximas garantías.

Certo é que un técnico da Consellería de Cultura participou no concurso de ideas a petición do goberno local, mais fontes da Xunta de Galicia aclaran que expresou entón a preferencia por outras opcións. No Concello, porén, entenden a postura de Patrimonio é “ilóxica” por non manifestar dende o xurado que ningunha das propostas puidese ter reparo.

Así e todo, o executivo autonómico carece de potestade para decidir, polo que a alcaldía é competente para continuar co proxecto de Quiroga Ballesteros. O Concello afirma que o impacto estético como argumento desfavorable é inxustificable, porque o deseño foi coidado para conectar ámbolos mercados respectando a diferenza de linguaxe, a distancia en altura e os bens históricos de tipo relixioso da contorna.

O Concello “continuará traballando”

É pola proximidade destes elementos patrimoniais que o Concello “continuará traballando” no proxecto, baixo a perspectiva de contar con todas as garantías legais. Foi esa a razón que levou o goberno de Lara Méndez a solicitar un informe de Patrimonio, sen ser preceptivo. Trátase dun lugar incluído no Pan Especial de Protección, Rehabilitación e Reforma Interior (PEPRI), e sometido á normativa municipal.

Dende a Delegación Territorial da Xunta de Galicia trasladan que o informe valora o impacto sobre a Praza de Abastos, “un edificio racionalista de gran importancia no conxunto histórico de Lugo”. Nese senso, explican que o Concello coñecía os reparos antes da emisión do informe, pois constan no expediente de renovación de Quiroga Ballesteros de marzo de 2018.

A administración galega di que a intervención neste asunto responde “aos principios de lealdade institucional, aínda que se nos volva agora en contra”. Aliás, na Xunta non porán “trabas” ao proxecto e convidan a que, se o Concello confía na idea, “que a faga realidade”.

“Non entra a idea de que a arte urbana é algo bo para a cidade”

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...

A CIG denuncia a “criminalización” dos traballadores que enferman este 1 de Maio

Centos de persoas saíron á rúa en Lugo, no acto central convocado polo sindicato...