InicioMovementos sociaisCarrefour terá que indemnizar a unha empregada de Lugo á que impediu...

Carrefour terá que indemnizar a unha empregada de Lugo á que impediu conciliar

O Xulgado do Social condena a Carrefour a indemnizar a unha traballadora á que reduciu a xornada como represalia por negarse a un cambio de horario

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Centro Comercial Carrefour de Lugo deberá indemnizar a unha empregada por atentar contra o dereito á conciliación laboral e familiar. A sentenza do Xulgado do Social Número 2 ditamina que a empresa reduciu unilateralmente a xornada á muller, represaliada por declinar un cambio de horario proposto pola empresa.

A medida tivo consecuencias morais e económicas polas que a empresa deberá resarcir á afectada. Segundo a Confederación Intersindical Galega, a muller negárase a aceptar a nova distribución de horas porque lle impedía ver aos seus fillos máis que para levalos ao colexio. Como resposta á negativa, Carrefour decidiu reducirlle a xornada laboral.

Para a central sindical, o proceder amosa a “insensibilidade da empresa co exercicio dun dereito tan básico como é a conciliación”, manifestando a situación de discriminación que sufren as mulleres no mercado laboral. Así, convidan “a todas as compañeiras non ceder ás presións e ameazas da empresa” e defender os dereitos laborais. 

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...