InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo apoia as galas do Conservatorio de Danza

O Concello de Lugo apoia as galas do Conservatorio de Danza

O Concello de Lugo quixo destacar o seu apoio a estas galas e ao labor formativo e cultural que desenvolve o Conservatorio Profesional de Danza, unha institución de referencia na cidade e en toda Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Conservatorio Profesional de Danza de Lugo celebrará os próximos 11 e 12 de xuño as galas de clausura do curso académico, dúas citas nas que o alumnado amosará sobre o escenario o traballo desenvolvido ao longo do ano nas distintas especialidades de danza.

A primeira das actuacións terá lugar o xoves 11 de xuño ás 19:30 horas e estará protagonizada polo alumnado de Grao Elemental, que presentará o espectáculo “Disney Danza”, unha proposta dirixida a todos os públicos inspirada no universo das coñecidas películas de animación.

Pola súa banda, o venres 12 de xuño, tamén ás 19:30 horas, celebrarase a Gala de Clausura do Grao Profesional do CDAN. Nesta ocasión, o alumnado da especialidade de Danza Clásica interpretará unha versión do ballet clásico “La Fille mal gardée”, mentres que o alumnado de danza contemporánea levará á escena o espectáculo “Cores”.

Ademais, a gala contará cunha coreografía do Obradoiro de Danza Galega e coa presentación do traballo coreográficos creado polo alumnado de 6º curso, que remata este ano os seus estudos profesionais de danza.

O Concello de Lugo quixo destacar o seu apoio a estas galas e ao labor formativo e cultural que desenvolve o Conservatorio Profesional de Danza, unha institución de referencia na cidade e en toda Galicia.

Neste sentido, o concelleiro Javier Vázquez reafirmou o compromiso do Goberno local co conservatorio e co impulso da danza como disciplina artística e educativa, poñendo en valor o talento do alumnado e o traballo diario do profesorado para converter Lugo nun referente cultural tamén no ámbito da danza.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...