InicioCulturaContinúa a renovación do claustro do Museo Provincial coa remodelación da sala...

Continúa a renovación do claustro do Museo Provincial coa remodelación da sala capitular

O 3 de xuño cúmprense 95 anos da declaración do claustro como Monumento Histórico Artístico, actual  BIC

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada de Cultura Iria Castro visitou este mediodía a sala capitular do claustro do Museo Provincial de Lugo, reaberta ao público tras os traballos de modificación e actualización do discurso expositivo que se realizaron nas últimas semanas.

A intervención, incluída dentro do Plan de Mellora do claustro que se iniciou en 2025 coa rehabilitación dos paramentos leste e oeste e a renovación museográfica da ala oeste, centrouse na reparación de enlucidos e cintados e na renovación do módulos que soportan as pezas, mellorando a estética museográfica do coxunto.
Na renovada sala capitular do MPL expóñense 23 pezas: 20 epígrafes romanos, dúas estelas anepígrafas e unha basa con fragmento de fuste. As inscricións romanas, contextualizadas temporalmente entre os séculos I e IV d. C., corresponden a 16 aras, dúas estelas funerarias e dúas placas coa inscrición fundacional da cidade de Lucus Augusti, dedicadas a Roma e a Augusto polo senador romano Paullus Fabius Maximus, gobernador da provincia Hispania Citerior entre os anos 4 e 1 a. C. e fundador da cidade lucense e de Bracara Augusta.

Iria Castro destacou que “a intervención actualiza e pon en valor as coleccións do Museo e remarca tamén o interese  do propio claustro, unha das xoais patrimoniais da cidade de Lugo” e avanzou que “a renovación continuará nos vindeiros meses con actuacións noutros espazos do claustro até a súa remodelación integral”.
95 aniversario da declaración do Claustro do MPL como Monumento Histórico Artístico.

A reapertura da sala coincide co 95  aniversario da declaración do Claustro do Museo Provincial de Lugo como Monumento Histórico Artístico (actualmente Ben de Interese Cultural), decretada o 3 de xuño de 1931. Atendendo á efeméride, o Museo dedicou as súas xornadas anuais de divulgación científica do patrimonio arqueolóxico lucense, celebradas o pasado mes de marzo, ao claustro e ás súas coleccións. A exposición temporal organizada con motivo das xornadas, baixo o  “Patrimonio material e inmaterial do claustro do Museo Provincial de Lugo”, pode visitarse ainda nos corredores do claustro.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...