InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo informa do peche temporal dos pasos a nivel...

O Concello de Lugo informa do peche temporal dos pasos a nivel da liña ferroviaria Monforte-Lugo

Desde o Concello insisten en que entre as prioridades do actual executivo está  atender cuestións básicas de mantemento urbano e resolver problemas enquistados que afectan tanto á actividade económica como á calidade dos servizos que recibe a cidadanía.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello elimina o foxo de grandes dimensións na rúa dos Carros no polígono do Ceao que levaba dende 2023 cortando parte da calzada desta vía. O Concello sinala que con esta actuación mellórase a seguridade e a mobilidade neste punto e se dá resposta ás reiteradas peticións trasladadas por empresarios e usuarios desta zona industrial, que levaban 4 anos advertindo das molestias e riscos que ocasionaba o mal estado da vía.

Esta intervención “é un exemplo de que cando existe coordinación entre as distintas áreas municipais e vontade de resolver os problemas, as solucións chegan” destacando que cuestións básicas como esta non poden permanecer anos pendentes de solución.

Desde o Concello insisten en que entre as prioridades do actual executivo está  atender cuestións básicas de mantemento urbano e resolver problemas enquistados que afectan tanto á actividade económica como á calidade dos servizos que recibe a cidadanía.

PECHE PASOS A NIVEL
O Concello de Lugo informa do peche temporal, entre o 2 e o 5 de xuño, dos pasos a nivel da liña ferroviaria Monforte-Lugo  por probas de electrificación da liña ferroviaria Monforte-Lugo

 

Segundo a comunicación remitida por ADIF ao Concello, as restricións estarán vixentes desde as 09:00 horas do 2 de xuño ata as 14:00 horas do 5 de xuño, período durante o que se desenvolverán as probas de enerxización da liña aérea de contacto.
+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...