InicioSucesosXulgan un mozo acusado de violar e agredir á súa parella en...

Xulgan un mozo acusado de violar e agredir á súa parella en Lugo mentres durmía

A denunciante, que declarou tras un biombo, mantivo que o acusado a obrigaba a manter relacións sexuais sen protección e que exercía presión verbal cando ela se negaba, engadindo que "se puña violento" e que "tiña que facelo porque era a súa muller".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un mozo acusado de cometer varias agresións sexuais e físicas contra a súa parella durante unha curta relación foi xulgado este venres en Audiencia Provincial de Lugo, e enfróntase aos 16 anos de prisión, que pide a Fiscalía, ou a 18 da acusación particular.

En concepto de responsabilidade civil, a Fiscalía solicita unha indemnización de 30.000 euros por danos morais, mentres que a acusación particular reclama 50.000 euros.

O acusado, que actualmente se atopa en prisión, negou durante a súa declaración todos os feitos que se lle atribúen. Segundo explicou, coñeceu á denunciante cando ambos alugaron habitacións nun piso compartido de Lugo e posteriormente decidiron compartir unha habitación dobre durante un curto período de tempo, dúas semanas, segundo matizou a vítima.

Ante o tribunal, sostivo que todas as relacións sexuais que mantiveron foron consentidas e que nunca exerceu presión nin violencia sobre ela, asegurando non saber “por que di todo iso”.

A denunciante, que declarou tras un biombo, mantivo que o acusado a obrigaba a manter relacións sexuais sen protección e que exercía presión verbal cando ela se negaba, engadindo que “se puña violento” e que “tiña que facelo porque era a súa muller”.

A muller tamén relatou episodios de violencia física, como que nunha ocasión o acusado tirouna ao chan diante da porta e golpeouna nas costelas. Segundo o seu relato, despois refuxiouse na súa habitación, pero el rompeu a porta e volveu agredila. Engadiu tamén que nunha ocasión forcejeando golpeouna e fíxolle sangrar por un beizo.

Pola súa banda, o acusado negou tamén as agresións físicas e asegurou que un dos episodios produciuse cando a muller chegou ao domicilio baixo os efectos do alcol e que as lesións foron porque caeu diante da porta. Recoñeceu causar danos na porta da habitación, aínda que negou golpear á denunciante e atribuíu a lesión no beizo a un rozamento coa súa barba.

O Ministerio Fiscal acusa ao mozo dun delito de agresións sexuais continuadas, polo que solicita 14 anos de prisión, ademais de dúas penas dun ano por dous delitos de lesións no ámbito familiar. A acusación particular engade un delito de coaccións e eleva a petición total ata os 18 anos de cárcere.

Ademais, o ministerio público pide que o acusado teña prohibido achegarse á vítima durante 30 anos, que non poida desempeñar actividades profesionais relacionadas con menores durante 20 anos e que cumpra unha medida de liberdade vixiada durante sete anos tras saír de prisión.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...

Elena Candia deséxalle sorte aos deportistas que reprensetarán a Lugo no Mundial de Baile Deportivo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello aos integrantes...