InicioPolíticaArroxo candidato á alcaldía de Lugo en 2027

Arroxo candidato á alcaldía de Lugo en 2027

Desde o BNG aspiramos á alcaldía, é o mellor momento da historia para facelo", augurou o extenente de alcalde

PUBLICADA O

- Advertisement -

O actual portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, será o candidato dos nacionalistas á alcaldía da capital lucense nas municipais do 2027.

Segundo trasladou a formación, a súa candidatura, a única presentada, foi apoiada pola maioría da asemblea local, celebrada este mércores.

Arroxo agradeceu a confianza da militancia e afirmou que comeza a traballar “nun novo reto”: “conseguir que en 12 meses Lugo volva ter un goberno de progreso liderado polo BNG”.

Desde o BNG aspiramos á alcaldía, é o mellor momento da historia para facelo”, augurou o exteniente de alcalde, que aproveitou para reivindicar o traballo desenvolvido polo Bloque durante o últimos sete anos no goberno municipal.

Para Arroxo, o PP foi “incapaz” de cuestionar “un só proxecto impulsado polo BNG durante estes anos”, o que mostra, na súa opinión, “a capacidade de xestión e de transformación do Bloque cando ten responsabilidades de goberno”.

Ademais, sinalou que a “inmensa maioría do traballo” realizado fixérono “escoitando aos veciños” e avanzou que o BNG “seguirá estando ao seu lado desde a oposición, coa mesma responsabilidade e coa mesma vontade de mellorar Lugo”.

“LUGO É MELLOR CON RUBÉN ARROXO”

Mentres, o Consello Local do BNG destacou que durante os últimos anos Arroxo “soubo imprimir á acción de goberno do BNG un perfil propio”, demostrando ter un proxecto “claro e distintivo” para o concello.

Lugo é moito mellor con goberno do BNG; Lugo é moito mellor con Rubén Arroxo á fronte do noso proxecto. Un Rubén cargado de experiencia e ideas”, enxalzou a organización, asegurando que hoxe é “o candidato máis coñecido” froito do “contacto constante” cos veciños.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP esixe a Carmela López que aparte “de maneira fulminante” a José Tomé tras ratificarse a denuncia por acoso

Os deputados do Grupo Provincial do Partido Popular esixiron á presidenta da Deputación, Carmela...

María Reigosa presidirá a Comisión de Urbanismo no Concello de Lugo sen votos en contra

O Concello de Lugo constituíu este xoves as diferentes comisións previas de pleno e...

O Concello de Lugo asina acordos para mercar terreos para a conexión da Intermodal coa cidade

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Urbanismo, Ramón Cabarcos, informaron...