InicioPolíticaO 061 asegura que a asistencia sanitaria está garantida "24 horas e...

O 061 asegura que a asistencia sanitaria está garantida “24 horas e 365 días do ano” na provincia de Lugo

Responden así o comunicado de CCOO deste martes no que anunciaba o rexistro nos citados municipios dunha solicitude formal para reclamar á Xunta a ampliación "urxente" dos recursos do 061 na área central da provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Fundación Pública Urxenxias Sanitarias de Galicia-061 asegurou que a asistencia sanitaria ás emerxencias sanitarias en Lugo, Guntín, Portomarín, Rábade, Outeiro de Rei e Friol está “garantida as 24 horas do día e os 365 días do ano”.

Responden así o comunicado de CCOO deste martes no que anunciaba o rexistro nos citados municipios dunha solicitude formal para reclamar á Xunta a ampliación “urxente” dos recursos do 061 na área central da provincia.

O sindicato busca implicar así, indicaban, ás administracións locais nun problema “grave, estrutural e perigoso” para a atención sanitaria de máis de 144.000 veciños que dependen “duns recursos claramente insuficientes”.

Explicaban que actualmente a área conta unicamente con dúas ambulancias asistenciais e unha soa ambulancia medicalizada para cubrir emerxencias sanitarias durante as 24 horas do día. “O máis grave é que Lugo segue cos mesmos recursos sanitarios de emerxencias que en 1998, pese ao enorme aumento da poboación, do envellecemento e da presión asistencial”, lamentaban.

A este respecto, o 061 indica que nestas localidades presta asistencia urxente unha ambulancia de soporte vital avanzado (SVA) e cinco ambulancias de soporte vital básico (SVB) – dous delas con base na cidade de Lugo, unha en Palas de Rei, unha en Corgo e outra en Guitiriz-, todas pertencentes á Rede de Transporte Sanitario Urxente (RTSU) de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. A estes recursos suman os dous helicópteros medicalizados con base en Santiago e Ourense.

Defenden que a decisión sobre a dotación de recursos e o seu emprazamento realízase “avaliando criterios poboacionais e de demanda sanitaria, así como a distancia aos centros sanitarios”.

“Estas decisións son analizadas periodicamente tendo en conta a frecuencia dos servizos e os tempos de resposta, entre outros criterios asistenciais”, insisten.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

A xuízo un home por agresión sexual á súa exparella cando esta decidiu deixar a relación

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro xoves, día 12, a un home...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...