InicioPolíticaO PP acusa a Carmela López de manter "o mesmo sectarismo" que...

O PP acusa a Carmela López de manter “o mesmo sectarismo” que Tomé na Deputación

O portavoz provincial do PP, Antonio Ameijide, asegurou que desde a toma de posesión de López o pasado 14 de xaneiro, a Deputación concedeu 1.373.579,72 euros mediante este sistema de convenios a municipios afíns politicamente.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo provincial do PP na Deputación de Lugo acusou á presidenta do organismo, Carmela López, de manter “o mesmo sectarismo” que, segundo os ‘populares’, caracterizou a etapa de José Tomé, ao continuar utilizando convenios nominativos “a dedo” para beneficiar a concellos gobernados por PSOE e BNG.

O portavoz provincial do PP, Antonio Ameijide, asegurou que desde a toma de posesión de López o pasado 14 de xaneiro, a Deputación concedeu 1.373.579,72 euros mediante este sistema de convenios a municipios afíns politicamente.

“Está claro que Carmela López, lonxe de apostar pola igualdade de trato entre os concellos, mantén a práctica herdada de repartir convenios nominativos exclusivamente entre municipios gobernados por PSOE e BNG“, criticou.

O dirixente ‘popular’ lamentou que, coa chegada da nova presidenta, “mantivéronse os vicios adquiridos” en anteriores etapas e considera que se consolidou “unha política baseada na afinidade política e non nas necesidades reais dos veciños da provincia”.

Ademais, Ameijide sinalou que algúns destes convenios financian actuacións que poderían incluírse dentro do Plan Deputación, polo que denunciou que o goberno provincial “segue apoiando actuacións á marxe do Plan, pola porta de atrás e unicamente para os seus”.

Neste sentido, lembrou que PSOE e BNG rexeitaron en varias ocasións incrementar a dotación económica do Plan Deputación, unha ferramenta que, segundo explicou, constitúe “o sistema máis xusto de repartición de fondos” entre os municipios lucenses.

“UN ÚNICO DESCOIDO”

Antonio Ameijide ironizou tamén co que cualifica como “un descoido” de Carmela López co Concello de Ribadeo, que recibiu un convenio por importe de 27.299,83 euros, unha cantidade que, destacou, sitúase “moi por baixo” da achega municipal, fixada en 54.599,66 euros.

Para o portavoz popular, este caso “parece máis un descoido que un cambio de criterio”, especialmente cando algúns dos convenios asinados con concellos gobernados por PSOE e BNG “superan amplamente os 200.000 euros”.

Ameijide acusou tamén ao goberno provincial de utilizar a Deputación e os seus recursos “como unha ferramenta ao servizo de intereses partidistas”, discriminando aos municipios en función da cor política dos seus alcaldes.

“Os lucenses merecen unha Deputación transparente, igualitaria e que trate a todos os concellos sen mirar a cor política de quen goberna. O que estamos a ver ata agora é máis do mesmo: propaganda, sectarismo e uso partidista do diñeiro de todos”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

A CIG denuncia ante Inspección a empresa onde morreu un mozo en prácticas en Vilalba

A CIG presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo contra a empresa de...

Alerta nos Ancares por unha “praga” de xabarís: os gandeiros temen o contaxio de enfermidades e esixen accións á Xunta

O Sindicato Labrego advirte dun aumento sen precedentes dos ataques, que ameaza a viabilidade das explotacións, e reclama a Medio Ambiente peches preventivos e un control sanitario estrito.

Queremos Galego denuncia o uso do castelán nun cartel en Lugo mentres o PP sinala que xa se fixo en anos anteriores

A plataforma Queremos Galego criticou publicamente ao goberno municipal de Lugo, liderado polo PP,...

Morre apuñalada polo seu fillo durante un brote psicótico na súa vivenda en Lugo

Unha muller faleceu no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) na madrugada deste luns despois...