InicioLugo e contornaAlerta nos Ancares por unha "praga" de xabarís: os gandeiros temen o...

Alerta nos Ancares por unha “praga” de xabarís: os gandeiros temen o contaxio de enfermidades e esixen accións á Xunta

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) denunciou este luns un aumento dos ataques de xabaril na comarca lucense dos Ancares e esixiu á Consellería de Medio Ambiente "protocolos e seguimentos claros" sobre o estado sanitario desta especie.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O rural da montaña lucense lanza un berro de auxilio. O Sindicato Labrego Galego (SLG) denunciou este luns unha vaga de ataques de xabaril na comarca dos Ancares que está a levar ao límite a moitas explotacións. O problema vai moito máis alá das desfeitas nas leiras. O sector esixe á Consellería de Medio Ambiente a implantación urxente de “protocolos e seguimentos claros” sobre o estado sanitario desta fauna salvaxe antes de que sexa tarde.

AMEAZA SANITARIA E RUÍNA ECONÓMICA

A organización agraria constata un “aumento considerable” e sen precedentes do número de exemplares. A presión recae sobre concellos como Becerreá, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Baralla, Navia de Suarna, Cervantes e Folgoso do Courel. O abandono do rural e a perda de Superficie Agraria Útil (SAU) empurra aos animais salvaxes directamente contra os pastos que aínda resisten, provocando un burato no peto das granxas.

Pero o que máis quita o sono ás persoas gandeiras é a convivencia forzada cos seus rabaños. O SLG alerta do “medo crecente” a que os xabarís actúen como vectores de transmisión de enfermidades —novas ou xa existentes— cara ao gando vacún. O perigo tamén axexa ás granxas de porcino que crían en extensivo, especialmente as de porco celta. O contacto directo co xabaril convérteas nun foco de risco, polo que desde o sindicato piden un control estrito da fauna salvaxe para evitar contaxios cruzados.

MÁIS ORZAMENTO PARA PECHES

Ante esta situación que tildan de insostible, o Sindicato Labrego ponlle os deberes á Administración autonómica. Esixen que se incremente de xeito inmediato a partida económica destinada a medidas preventivas, poñendo o foco na liña de axudas para instalar peches. A reclamación é moi clara: as subvencións teñen que incluír especificamente e sen letra pequena os ataques de xabaril. O obxectivo xa non é só salvar o pasto, senón levantar barreiras físicas reais que impidan que o gando doméstico e a fauna salvaxe interactúen e compartan o mesmo espazo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...