InicioEconomíaA Granxa Gayoso Castro acolle un curso de dixitalización de sistemas de...

A Granxa Gayoso Castro acolle un curso de dixitalización de sistemas de xurro no que participan preto de 50 gandeiros

Trátase dun obradoiro gratuíto que se enmarca dentro da colaboración da Deputación de Lugo co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para impulsar a informatización do sector agroalimentario e do medio rural en España

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este mércores na inauguración da xornada formativa DigiPurín 2: dixitalización de aplicación de xurro que se está a desenvolver nas instalacións da Granxa Gayoso Castro da institución provincial. Trátase dun obradoiro gratuíto que se enmarca dentro da colaboración da Deputación de Lugo co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para impulsar a informatización do sector agroalimentario e do medio rural en España. Neste encontro, están a participar preto de 50 persoas entre gandeiros, profesionais e técnicos do sector.

Francisco Cajoto recordou a importancia do sector primario para a provincia de Lugo: “isto obríganos a estar á vangarda das últimas incorporacións tecnolóxicas e das diferentes innovacións que se veñen dando nos últimos anos para que as explotacións gañen en eficiencia, en sustentabilidade e estean mellor preparadas para afrontar os retos do futuro”.

“Precisamente, nesta xornada falarase de dixitalización e de novas tecnoloxías con diferentes demostracións de sistemas de distribución ou de análise de nutrientes do purín. Falamos, en definitiva, de innovación aplicada ao día a día das explotacións; de ferramentas que axudan a optimizar recursos para avanzar cara un modelo produtivo e cada vez máis sostible e competitivo”.

Ademais, o Deputado Provincial definiu a Granxa Gayoso Castro como un “espazo de referencia para a formación, a experimentación e a transferencia de coñecemento. Aquí poñemos en contacto o ámbito académico e investigador coa realidade diaria das explotacións, facilitando que os avances tecnolóxicos e as novas prácticas poidan chegar aos profesionais dun xeito útil, práctico e adaptado ás necesidades reais do territorio”.

A xornada, organizada tamén pola Escola Politécnica de Enxeñaría do Campus Terra, iniciouse ás 10:00 horas coa inauguración oficial na Aula da Granxa Experimental de Leite e continuou co desenvolvemento do programa no que se inclúe -entre outras actividades- demostracións de análise de nutrientes de xurro con métodos manuais e demostracións de sistemas de distribución para a redución de emisións.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP acusa ao BNG de “mala xestión” da Área de Cultura da Deputación por “xerar un alto número de renuncias”

O PP condena a “mala xestión” e a “falta de operatividade” da Área de...

Candia unificará as dúas brigadas municipais de reparación viaria

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Mobilidade e Obras, Antonio...

O colectivo Egeria presenta o libro Lugopoética 2025 coas conversas organizadas pola UNED

O salón de sesións da Casa do Concello de Lugo acolleu a presentación de...

O BNG acusa o novo goberno de Lugo de dar “un paso atrás” ao eliminar a área de Promoción da Lingua

O voceiro municipal do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, criticou este mércores a supresión...