A rotura dunha tubaxe de gas por parte dunha escavadora que traballa na obra da estación intermodal de Lugo deixou a 1.200 clientes sen subministración, que xa quedou restablecido. Segundo informaron fontes do Concello de Lugo consultadas por Europa Press, o aviso saltou sobre as 12.58 horas deste luns e, por motivos de seguridade, pecharon 10 válvulas da rede.
Isto afecta á suministración de 1.200 clientes da zona comprendida entre a Praza Conde Fontao e a Rolda da Muralla. A instalación está posta en seguridade e os equipos técnicos están a traballar para reparar a avaría e comezar a reabrir as válvulas.
