InicioPolíticaA Deputación avanza na contratación das obras para renovar 10 estradas provinciai

A Deputación avanza na contratación das obras para renovar 10 estradas provinciai

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo sinalou que son actuacións “repartidas por todo o territorio coas que melloraremos un total de 48 quilómetros de vías”, e das que se beneficiarán concellos na Mariña, na Terra Chá, a Montaña, o centro e o sur.

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo avanzou este venres na contratación das obras de mellora de 10 estradas provinciais mobilizando un investimento que supera os 2,8M€. Así o informou a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto. “Un orzamento importante para seguir priorizando o mantemento e a modernización da nosa rede viaria que é moi extensa e fundamental para a mobilidade diaria no rural”, valorou.

Sinalou que son actuacións “repartidas por todo o territorio coas que melloraremos un total de 48 quilómetros de vías”, e das que se beneficiarán concellos na Mariña, na Terra Chá, a Montaña, o centro e o sur.

García Porto informou nese sentido que a Xunta de Goberno licitou dúas obras. Unha para acondicionar no concello de Vilalba, con 179.985,82€, case cinco quilómetros ao inicio da LU-P-6511, que é a estrada que conecta a LU-P-6513 con Belesar por Distriz. Concretamente, acondicionarase do principio da vía ao punto quilométrico 4,837.

E outra para renovar 2,8 quilómetros en Castroverde, no tramo inicial –desde o punto quilométrico 4 ao 6,8- da LU-P-1201, que é a que vai de Souto de Torres a Sobrado. Neste caso o investimento da Deputación é de 256.687,85€.

Ambos proxectos permitirán a mellora da seguridade viaria, renovando o pavimento deteriorado e actuando na drenaxe das vías; incrementando así a súa durabilidade.

Adxudicación de 8 obras nas estradas provinciais

A Xunta de Goberno adxudicou ademais outros 8 traballos. Os máis importantes, “por investimento e pola entidade que ten a vía”, son as do cinto comarcal. Con algo máis de 600.00€ a Deputación adxudicou os traballos de mellora de tres tramos da lu-p-1611 á Ovisa Pavimentos y Obras SLU. Son algo máis de 7 quilómetros ao seu paso polos concellos de Outeiro de Rei, Begonte e O Corgo. Concretamente mellorarase do punto quilométrico 56,7 ao 62,2; do 125,8 ao 126,8; e do 130,6 ao 131,3.

Nos concellos de Abadín, A Fonsagrada e A Pontenova adxudicamos outros tres proxectos importantes, con investimentos de en torno aos 300.000€ cada un. En Abadín e na Fonsagrada a adxudicataria foi a empresa Cholo SL.

O primeiro dos proxectos servirá para mellorar a práctica totalidade da LU-P-0108, que é a que conecta, en Abadín, Foxas e Canteirada. Concretamente, neste concello da Terra Chá a Deputación inviste 304.539,63 euros para acondicionar desde o punto quilométrico 0,675 ao 6,245.

E na Fonsagrada quedou adxudicado outro proxecto para renovar algo máis de tres quilómetros da LU-P-1901, que é a que vai a Navia de Suarna. Neste caso, o investimento da institución provincial será de 297.427,07 euros e servirá para actuar desde o punto quilométrico 6,4 ao 9,5.

Na Pontenova, Ovisa Pavimentos y Obras SLU será a encargada de renovar algo máis de cinco quilómetros da LU-P-4806, que une Vilaxe e Ribeira de Piquín por Galegos. O prezo neste caso é de 274.996,7 euros e a renovación afecta ao treito comprendido entre o punto quilométrico 2,3 ao 7,4.

Ademais, nesta Xunta de Goberno quedaron adxudicados tamén outros catro proxectos que mellorarán:

A estrada LU-P-0602 de Barreiros. Construcciones Isidro Otero encargarase de mellorar a totalidade da vía que dá servizo á praia municipal por Remior cun orzamento de 174.898,97€.

Fevisa Vías y Obras SL acondicionará case todo o trazado da estrada LU-P-1807 que conecta Chantada e Carballedo por Santa Uxía ata Cartelos cun orzamento de 254.100€. Arranxarase dende o inicio da vía ao punto quilométrico 9,4.

E Cholo SL acometerá outras dúas actuacións. A de mellora dos últimos catro quilómetros (do 2,9 ao 6,1) da vía LU-P-3402 que vai en Muras da Gañidoira ó Viveiró 210.503,43€.

E da rehabilitación de catro quilómetros do 13,6 ao 17,38; e 380 metros ao inicio da vía LU-P-2904 entre Conturiz, no Corgo e o Páramo, por 253.442,27€

En todos os casos os traballos están destinados á mellora do firme e a drenaxe.

“Unha mobilización importantísima de recursos para a mobilidade e para a nosa rede provincial. Un compromiso que adquirimos coa veciñanza, porque as estradas provinciais vertebran o territorio, impactan na seguridade viaria, sosteñen boa parte da actividade económica do rural lucense; e contribúen ao equilibrio territorial”, valorou a deputada.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia comeza o seu mandato retirando unha bandeira palestina e reuníndose con representantes do persoal municipal

A popular Elena Candia arrincou a súa nova etapa como alcaldesa de Lugo e...

O “equipo” de Candia: sete tenentes de alcalde e María Reigosa como non adscrita

O novo goberno municipal de Lugo presidido por Elena Candia xa está en marcha....

Candia, alcaldesa de Lugo: o PP volve despois de vinte e sete anos cunha moción de censura polémica

A ata agora portavoz local do PP, tamén líder do partido na provincia, Elena...

FACUA reclama que o SERGAS cubra de maneira “urxente” a praza de atención primaria en Navia de Suarna

Facua Galicia reclamou ao Servizo Galego de Saude (Sergas) a cobertura "urxente" da praza...