InicioPolíticaO PSOE quere disolver Suplusa tras perde-lo control do ente provincial

O PSOE quere disolver Suplusa tras perde-lo control do ente provincial

O grupo socialista na Deputación de Lugo presentou unha moción de urxencia para iniciar o trámite de disolución da Sociedade Urbanística Provincial de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PSOE presentou unha moción de urxencia no Pleno da Deputación de Lugo para a disolución da Sociedade Urbanística Provincial de Lugo (Suplusa).

Segundo figura no escrito presentado polo voceiro do grupo socialista, a entidade mercantil –controlada na totalidade do capital social pola Deputación– non está a cumprir coas encomendas e, polo tanto, a súa actividade debe ser asumida pola propia autoridade provincial. 

Deste xeito, proponse ao pleno da Deputación un acordo para iniciar a liquidación da Suplusa. A decisión chega despois de que o deputado díscolo Manuel Martínez, presidente de Suplusa, acadara un pacto co Partido Popular polo que pasa a cobrar 57.000 euros anuais, cando nunca existiu retribución polo posto. Nese acordo tamén está contemplada a contratación dun asesor por outros 41.000 euros.

Martínez, alcalde de Becerreá, foi apartado da vicepresidencia da Deputación e a xestión territorial o 11 de abril. Pouco despois, o PSOE suspendeuno de militancia cautelarmente. Estes movementos debéronse aos reiterados enfrontamentos de Martínez co resto do grupo, ao que fixo oposición da man do Partido Popular. Este posicionamento serviu para reprobar ao presidente da Deputación, Darío Campos, e devolver as competencias de apertura de residencias de maiores a Suplusa, ente que segue a presidir Martínez.

 

Para ampliar

O PSOE di que o pacto entre Martínez e o PP en Suplusa podería ser irregular

O BNG abandona a dirección da sociedade provincial Suplusa

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...