InicioLugo e contornaLugoO PPdeG acusa aos contrarios á moción de censura de "cobrar do...

O PPdeG acusa aos contrarios á moción de censura de “cobrar do concello” mentres pide a BNG e PSdeG “frear a escalada de odio en Lugo”

O Partido Popular instou este xoves ao BNG e ao PSOE a frear a súa "escalada de odio" na cidade de Lugo e subliñou que a xente apoia a moción "de impulso" presentada pola formación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Popular instou este xoves ao BNG e ao PSOE a frear a súa “escalada de odio” na cidade de Lugo e subliñou que a veciñanza apoia a moción “de impulso” presentada pola formación. Así o trasladou este xoves a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, que compareceu ante os medios na cidade da Muralla xunto á voceira dos populares lucenses, Elena Candia. Todo iso antes de que teña lugar unha protesta contra a moción de censura convocada con motivo do pleno ordinario que se celebra esta tarde.

Na súa intervención, Paula Prado asegurou que nas rúas comprobou como “moitísimas persoas” paraban a Candia para “felicitala e darlle ánimos”. “Moitos ánimos porque a xente de Lugo é consciente de que esa moción é unha moción de impulso, con 45 medidas sobre a mesa por parte do PP para resolver os problemas reais da cidadanía”, declarou.

Dito isto, afirmou que Lugo leva tres anos de mandato cun goberno “absolutamente paralizado” e lamentou que a resposta á moción sexa o “odio, os insultos e a descalificación”. “Eu aínda non escoitei a ningún membro do goberno bipartito de Lugo explicar por que non era boa esta moción e que fixeron eles nestes tres anos”, manifestou. Tras insistir en que en ningún momento viu un argumento que acredite que o Concello de Lugo “estaba a funcionar”, censurou que a CIG, “o brazo sindical do BNG”, traslade a súa manifestación do 1 de maio a Lugo. Un feito que, na súa opinión, demostra que o sindicato “non pon os intereses e os dereitos dos traballadores por riba de nada, senón que vén á cidade a facer ruído, xerar crispación e confrontación”.

Por iso pediu ao BNG e ao PSdeG que “deixen xa esa escalada de odio”. “A xente está tranquila, a xente apoia a moción porque ve que Lugo estaba paralizada, que Lugo era un desgoberno e había unha absoluta inacción”, trasladou. Ademais, criticou que se descalifique a plataforma SOS Salvemos Lugo pero se apoie outra plataforma, a de Transfuguismo non, democracia si, que “está liderada por un señor que ten contratos co Concello de Lugo, e a súa muller tamén”. “Que casualidade”, dixo para recriminar o BNG e acusalo de “gobernar para os amigos”. “Todo iso vaise acabar, porque a partir do día 7 haberá un goberno que pensará nos lucenses, que traballará polos lucenses e por Lugo e que terá todo o apoio do PPdeG”.

CANDIA SUBLIÑA QUE O “PP TEN A OBRIGA DE INTENTAR GOBERNAR”

Pola súa banda, Candia, que agradeceu a presenza de Paula Prado na cidade, criticou que “todo o equipo de goberno”, incluídos os “asesores”, estean a enviar a convocatoria para mobilizarse contra a moción antes do pleno. Dito isto, subliñou que o PP “gañou claramente as eleccións en 2023”, con 12 concelleiros e quedándose “a un puñado de votos” da maioría absoluta. “Non sorprende que o PP, que gañou as eleccións con 12 concelleiros, intente gobernar”.

Neste sentido, afirmou que a moción de censura é un “exercicio de responsabilidade”. “No momento en que o goberno perde a maioría absoluta e queda con 12 edís, o PP ten a obriga de intentar gobernar”, incidiu. Candia afirmou que o PP fixo unha “oposición construtiva” con “traballo intenso intentando sempre ser parte da solución en cada un dos momentos complexos” e lembrou que o seu grupo chegou a ofrecer ao alcalde un pacto de estabilidade.

“Nunca foi tido en conta” e “creo que agora tocaba, desde a moderación, desde a serenidade e desde o absoluto compromiso coa cidade, intentar gobernar”, dixo antes de enviar unha mensaxe de “absoluta normalidade”. “O único que queremos é o ben para esta cidade“, declarou. Elena Candia, igual que Paula Prado, pediu ás forzas que “neste momento están no goberno que abandonden o discurso do odio e da crispación” e lembrou que a súa formación aceptara o acordo entre PSOE e BNG cando sumaban 13.

+ posts

ÚLTIMAS

A CIG traslada a súa manifestación do 1 de maio a Lugo para denunciar a “deriva autoritaria e golpista do PP”

Os sindicatos lanzarán un berro pola paz e contra a guerra este 1 de...

Remata a repavimentación da rúa Benxamín Paz en Vilalba

O Concello de Vilalba vén de concluír os traballos de aplicación do aglomerado en...

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...