InicioLugo e contornaLugoEn liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O detido, un home de ao redor de 27 anos, foi arrestado o domingo pola noite nun local de lecer no que estivera previamente na zona de Augas Férreas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin de semana quedou en liberdade tras declarar ante o xulgado de instrución número tres do Tribunal de Instancia da cidade, despois de case tres días no calabozo.

A autoridade xudicial decretou como medida cautelar unha orde de afastamento respecto da vítima, ao considerar que non concorrían circunstancias suficientes para o seu ingreso en prisión, aínda que esta tampouco foi solicitada polo Ministerio Fiscal.

O caso foi instruído pola Unidade de Atención á Familia e Muller (UFAM) da Policía Nacional. Durante a comparecencia, que se prolongou durante polo menos dúas horas, declararon tanto o investigado como a denunciante, acompañados dos seus respectivos letrados.

O detido, un home de ao redor de 27 anos, foi arrestado o domingo pola noite nun local de lecer no que estivera previamente na zona de Augas Férreas.

Segundo a denuncia, os feitos producíronse na madrugada do sábado nas inmediacións do barrio de San Fiz, tras coñecerse no mesmo local onde foi detido.

A moza acudiu ao Hospital Universitario Lucus Augusti, onde se activou o protocolo de atención a vítimas de agresión sexual, xa que durante a exploración médica detectáronse erosións en distintas partes do corpo da denunciante.

O proceso continúa aberto e a Policía Nacional segue solicitando probas para esclarecer o sucedido neste caso, porque o home será investigado por un delito de agresión sexual e, mentres tanto, non poderá achegarse nin comunicarse con ela.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...