- Advertisement -
Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión sexual a unha moza en Lugo. Segundo confirmaron a Europa Press fontes próximas aos feitos, a detención realizouse o domingo a última hora. O suceso ocorreu o sábado, de madrugada. Está previsto que pase a disposición xudicial esta mañá do mércores.
