InicioCulturaA Deputación impulsa a lectura no Día do Libro co reparto de...

A Deputación impulsa a lectura no Día do Libro co reparto de exemplares nos 67 concellos

A Presidenta da Deputación, Carmela López, destacou que esta iniciativa “ten como obxectivo achegar a cultura e o coñecemento da nosa provincia a todas as veciñas e veciños a través das bibliotecas e dos centros culturais”

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

A Deputación de Lugo celebra este 23 de abril o Día Internacional do Libro cunha acción centrada na promoción da cultura e o fomento de hábitos de lectura entre os veciños e veciñas da provincia. A institución provincial distribuirá nos próximos días aos Alcaldes e Alcaldesas dos 67 concellos un paquete de publicacións sobre o territorio lucense, que recollen distintos ámbitos da historia, o patrimonio e a gastronomía, co obxectivo de achegar o coñecemento da provincia dun xeito divulgativo e accesible.

A Presidenta da Deputación, Carmela López, destacou que esta iniciativa “ten como obxectivo achegar a cultura e o coñecemento da nosa provincia a todas as veciñas e veciños a través das bibliotecas e dos centros culturais”. Neste sentido, subliñou que “queremos poñer en valor a importancia da lectura como ferramenta de coñecemento, de cohesión social e de acceso á cultura”.

Entre as obras incluídas atópanse La noche de las luminarias, que recolle episodios e tradicións da memoria histórica lucense; Dicionario da Comida Galega, que compila termos e produtos da riqueza gastronómica de Galicia; Pazo de Tor, que pon en valor a historia e o patrimonio dun dos espazos emblemáticos da provincia; A biblioteca na iconografía pétrea lucense, que analiza a presenza simbólica da cultura escrita na arte monumental; e Lugo, cita con dous séculos (1886-1926), que afonda na evolución histórica e social da cidade de Lugo ao longo de máis dun século.

A institución provincial distribúe un total de oito exemplares por concello que se encargarán de facelos chegar ás bibliotecas municipais, centros culturais e outras entidades locais, co fin de facilitar o acceso da cidadanía a estas publicacións.

+ posts

ÚLTIMAS

Reaccións moción de censura: Pontón acusa a Rueda de “aproveitarse de dúas persoas mortas e unha tránsfuga”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...

A Policía libera a unha muller retida polo seu compañeiro de piso en Lugo

Unha muller, que se atopaba retida polo seu compañeiro de piso, foi liberada por...

Plataforma cidadá contra unha posible moción de censura en Lugo

A posibilidade de que o Partido Popular impulse unha moción de censura en Lugo...