InicioPolíticaPlataforma cidadá contra unha posible moción de censura en Lugo

Plataforma cidadá contra unha posible moción de censura en Lugo

Esta iniciativa está impulsada polo escritor Lois Pérez e a artista Luz Darriba, quen buscan canalizar "o malestar" dunha parte da cidadanía ante un posible cambio no goberno local sen pasar polas urnas, "algo que non consideran nin xusto, nin democrático".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A posibilidade de que o Partido Popular impulse unha moción de censura en Lugo derivou na creación dunha plataforma cidadá que rexeita esta iniciativa, que estaría a ser promovida pola dirixente popular Elena Candia co apoio da ex socialista María Reigosa.

Membros do mundo da cultura na súa maioría están a sumarse desde este luns a este colectivo, que se inicia baixo a idea de Transfuguismo NON/Democracia SI, e que se presentará publicamente nunha rolda de prensa este mércores ás 17.00 horas na Praza Maior, fronte ao Concello.

Esta iniciativa está impulsada polo escritor Lois Pérez e a artista Luz Darriba, quen buscan canalizar “o malestar” dunha parte da cidadanía ante un posible cambio no goberno local sen pasar polas urnas, “algo que non consideran nin xusto, nin democrático”.

Non cren os membros da plataforma que haxa “unha demanda social” para un cambio de goberno e convocaron á cidadanía a unha concentración de rexeitamento ante a propia casa consistorial o venres ás 19.00 horas.

Pola súa banda, Luz Darriba expresou o seu rexeitamento á situación, apelando á ética na acción política e criticando actitudes que, ao seu xuízo, benefícianse de contextos de inestabilidade. “Un goberno elixido nas urnas debe terminar cando sexan as próximas eleccións, non desta forma”, sentenciou.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...