InicioMedioambiente e Patrimonio'Coñece a túa Provincia' leva a 130 persoas a cinco destinos diferentes...

‘Coñece a túa Provincia’ leva a 130 persoas a cinco destinos diferentes de Lugo

Un colectivo do Saviñao viaxa hoxe ao Vicedo e outro de Ribadeo desprázase a Ribas de Sil e Quiroga en rutas simultáneas. Durante o resto da semana, colectivos de Lugo, Taboada e Xermade viaxarán á Ribeira Sacra, á Mariña e á Montaña

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

O programa da Deputación Coñece a túa provincia leva estes días a 130 veciños e veciñas de viaxe por cinco destinos lucenses. Desde hoxe e ata o venres, colectivos do Saviñao, Ribadeo, Lugo, Taboada e Xermade terán a posibilidade de descubrir diferentes rutas pola Mariña, a Montaña e a Ribeira Sacra de xeito gratuíto. A iniciativa da institución provincial permitiralles descubrir tesouros do patrimonio lucense como as praias virxes do Vicedo, a Abadía de San Clodio, a Reitoral de Gundivós ou as pallozas de Piornedo.

Hoxe, a asociación Terra do Toxo do Saviñao viaxa ao Vicedo e Irmanamento de Ribadeo desprázase a Ribas de Sil e Quiroga en rutas simultáneas. Os dous colectivos fixeron parada en Lugo, os primeiros para visitar o Mazo de Santa Comba e os segundos, o Centro de Interpretación Terras do Miño. A asociación Castro Celta de Taboada irá mañá ao Vicedo, e Corazóns Artesáns de Lugo viaxará a Sober; o xoves, usuarios e usuarias do colectivo Fadas Lugo visitarán Ribas de Sil e Quiroga; e finalmente o venres, os veciños de Cabreiros de Xermade farán unha ruta por Piornedo e Navia de Suarna.

A Deputación arrancou a semana pasada a sexta tempada do Coñece a túa provincia con 84 viaxes gratuítas esta primavera. A iniciativa, que impulsa a institución provincial para fomentar o turismo de proximidade e poñer en valor o patrimonio da provincia, beneficiará un ano máis a unhas 3.000 persoas en dúas quendas: a primeira, que se desenvolve entre abril e xuño; a segunda, que terá lugar durante o outono.

Este ano, a iniciativa provincial mantén os 44 itinerarios turísticos por toda a provincia e inclúe 7 rutas accesibles para persoas con mobilidade reducida e cada entidade puido escoller entre un máximo de cinco opcións. As excursións, destinada a entidades sen ánimo de lucro de toda a provincia, cobren todos os aspectos necesarios para gozar dunha experiencia completa: transporte, seguros de viaxeiros, menú de xantar, entradas a lugares de interese e a presenza dun guía oficial habilitado durante todo o percorrido.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...

Case 400.000 euros para a mellora de estradas en Palas de Rei e A Pastoriza

A Deputación de Lugo aprobou este venres un investimento de 373.028,38 euros para a...