InicioMedioambiente e PatrimonioO futuro do hospital medieval de San Miguel decidirase a finais de...

O futuro do hospital medieval de San Miguel decidirase a finais de mes

A Xunta conta con rehabilitar e dotar de uso o ruinoso inmoble para o Xacobeo 2021, para o que convocará unha mesa de traballo a finais de mes

PUBLICADA O

- Advertisement -

O hospital medieval de San Miguel será rehabilitado antes do vindeiro ano santo. A Xunta márcase así como horizonte o Xacobeo 2021, aínda que primeiro deberá atopar uso para un inmoble que, malia contar coa máxima protección oficial, está na ruína.

Este escenario foi desvelado polo xerente da Sociedade de Xestión do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, durante a comisión de Turismo do Parlamento de Galicia. Respondeu así ás preguntas da deputada socialista Concepción Burgo, que xa en ocasións anteriores denunciara o “estado de absoluto abandono” do hospital medieval de San Miguel.

A parlamentaria do PSdeG lembrou que en tempos do bipartito existía un proxecto para a rehabilitación da casa-torre anexa á Muralla, mais o goberno conservador desbotou o plan en 2009. Burgo criticou a hipocresía do executivo galego por desinteresarse polo vello hospital de peregrinos, edificación “catalogada e coa máxima protección”. “Que diría e faría o Goberno se esta casa fose dun particular?”.

Mesa de traballo 

O día 25 de febreiro, a Xunta reunirá a responsables do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e a Axencia Galega de Turismo. A fin da reunión é atopar un novo uso para o ben patrimonial, con tres andares edificados para 110 metros cadrados. Xa existe un albergue preto e un centro de interpretación do Camiño Primitivo, e en ningún caso podería adicarse a vivendas.

Achar un mantemento sustentable será o primeiro paso antes de comezar coa rehabilitación do hospital medieval de San Miguel, na actualidade “apontoado para evitar calquera perigo”, confirmou o director do Xacobeo. Sánchez Bargiela valorou os 25 millóns de euros destinados nos últimos anos a renovar 36 edificios no barrio da Tinería.

Pola súa banda, Burgo censurou que o goberno autonómico precisara “dez anos para montar unha mesa de reunión”, cominando a “un pouquiño de rapidez” na rehabilitación da vivenda.

O Pazo de Dona Urraca será finalmente oficina de Turismo

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...