InicioEconomíaA Feira do Viño de Amandi reúne máis de 20 bodegas coa...

A Feira do Viño de Amandi reúne máis de 20 bodegas coa colaboración da Deputación

O Deputado de Promoción Económica e Social asistiu este domingo á última xornada desta cita que incluíu pasarrúas, actuacións musicais e o pregón a cargo do chef do Restaurante Vértigo, Rafa Centeno. A institución provincial contribúe ao financiamento deste evento cunha achega de case 14.000€ a través do Plan Deputación

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo na última xornada da 46º edición da Feira do Viño de Amandi, que se celebrou ao longo desta fin de semana e que reuniu a máis de 20 bodegas. O evento, co que colabora a Deputación cunha achega económica de case 14.000€ a través do Plan Deputación, incluíu -entre outras propostas- actuacións musicais, catas e pasarrúas.

Tras a recepción de autoridades, celebrouse o pregón a cargo do chef do Restaurante Vértigo, Rafa Centeno, e a entrega de premios, conducida pola xornalista Manola Porto. A xornada, que se celebrou no entorno da praza do Concello, reuniu a centos de asistentes e a numerosas autoridades da comarca.

Rivera Capón destacou que “esta feira é un exemplo do compromiso que mantemos desde a Deputación de Lugo co sector vitivinícola da nosa provincia, porque apoiando citas coma esta tamén promocionamos os nosos produtos e contribuímos ao desenvolvemento económico da zona”. Pablo Rivera fixo especial fincapé “na calidade dos viños que levan o ADN da Ribeira Sacra, que gozan xa de gran prestixio tanto a nivel galego, como nacional ou mesmo internacional”.

Avanzou ademais que “falamos dunha cita que leva celebrándose máis de 40 anos, polo tanto, é un evento de referencia no noso calendario que axuda a dar a visibilidade que se merece a tradición vitivinícola e fortalece a promoción da nosa provincia dentro e fora de Galicia”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Granxa Gayoso Castro acolle un curso de dixitalización de sistemas de xurro no que participan preto de 50 gandeiros

  O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este mércores na inauguración da...

O PP acusa ao BNG de “mala xestión” da Área de Cultura da Deputación por “xerar un alto número de renuncias”

O PP condena a “mala xestión” e a “falta de operatividade” da Área de...

Candia unificará as dúas brigadas municipais de reparación viaria

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Mobilidade e Obras, Antonio...

O colectivo Egeria presenta o libro Lugopoética 2025 coas conversas organizadas pola UNED

O salón de sesións da Casa do Concello de Lugo acolleu a presentación de...