InicioSociedadeConcerto único de Abraham Cupeiro na Igrexa de Santa María de Vilabade

Concerto único de Abraham Cupeiro na Igrexa de Santa María de Vilabade

Será esta fin de semana, 28 e 29 de marzo, en Castroverde. O instrumentista galego contará coas colaboracións de Laura LaMontagne e Fillas de Cassandra ademais do cantante norirlandés Mathew Ward.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Trátase dun concerto concibido como un formato íntimo xunto a un cuarteto de corda e creado especificamente para este espazo patrimonial. O proxecto explora a acústica do lugar e o diálogo entre instrumentos históricos e música de cámara presentándose como unha experiencia próxima e experimental que conecta música, arquitectura e territorio. “Hai dous ou tres anos fixen alí un concerto e quedoume na cabeza a idea de volver con máis músicos”, di Cupeiro ao tempo que comenta que é moi importante facer este tipo de cousas para levar xente ao rural. A igrexa ten un aforo de 200 persoas e as entradas están á venda en ataquilla.com

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...