InicioPolíticaO PP provincial pide que a Deputación aplique beneficios fiscais aos concellos...

O PP provincial pide que a Deputación aplique beneficios fiscais aos concellos por facer obras xunto a estradas provinciais

Antonio Ameijide recorda que “a Deputación está para colaborar cos Concellos e non para asfixialos con taxas en obras de interese público ou esenciais para dar servizo aos veciños e que en nada afectan ou danan ás infraestruturas provinciais”.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os deputados do Grupo Provincial levan ao Pleno unha proposta para que o goberno de PSOE e BNG na Deputación de Lugo aplique beneficios fiscais ou bonificacións nas taxas que pagan os Concellos por realizar obras nas zonas contiguas ás estradas provinciais ou para o aproveitamento de bens de dominio público provincial que sexan necesarias para prestar servizos públicos de competencia municipal.

O portavoz, Antonio Ameijide, esixe “poñer en marcha o procedemento para modificar as ordenanzas fiscais reguladoras” porque, nos termos actuais, “supón un elevado custo aos Concellos á hora de acometer obras en zonas contiguas ás estradas provinciais como poden ser acometidas de auga potable”. Esta situación pode supoñer, incluso, que as entidades locais teñan que, en ocasións, decidir non executar actuacións de interese para os veciños e veciñas “polo sobrecuste que supón esta taxa, chegando incluso a case superar o pago desta taxa o custe da propia intervención”.

Ameijide explica que “un número importante dos expedientes tramitados pola Deputación de Lugo no marco destas ordenanzas fiscais corresponden a liquidacións practicadas a Concellos, con elevados importes, por unha utilización, obra ou aproveitamento necesario para promover actividades e prestar os servizos públicos que contribúen a satisfacer as necesidades dos veciños e veciñas”.

Antonio Ameijide recorda que “a Deputación está para colaborar cos Concellos e non para asfixialos con taxas en obras de interese público ou esenciais para dar servizo aos veciños e que en nada afectan ou danan ás infraestruturas provinciais”.

ACORDO FAI MÁIS DE 10 ANOS

O Grupo Provincial Popular xa propuxera no Pleno ordinario de decembro de 2015 modificar ambas ordenanzas fiscais reguladoras vixentes: a da taxa por autorizacións de obras e outros aproveitamentos situados en zonas contiguas ás estradas provinciais da Excma. Deputación Provincial de Lugo modificada por última vez en 1994 e a da taxa pola autorización privativa ou o aproveitamento especial dos bens de dominio público provincial da Excma. Deputación Provincial de Lugo modificada por última vez no ano 1998.

Naquel momento, os distintos grupos que integraban a Corporación provincial coincidían na necesidade de modificar estas ordenanzas -atendendo á normativa de aplicación- para que as entidades locais obteñan algún tipo de beneficio fiscal ou bonificación no pago das taxas.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo aproba o plan parcial para o desenvolvemento da Cheda, onde construirán 304 novas vivendas

O Goberno local de Lugo deu luz verde este mércores ao plan parcial para...

A Xunta acusa ao PSdeG de utilización política dos usuarios da residencia das Gándaras

A conselleira de Política Social, Fabiola García, defendeu este mércores as obras postas en...

Interior destina 9 millóns de euros para a nova comisaría de Policía Nacional de Lugo

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, anunciou que a nova comisaría da Policía Nacional,...

Multa de 450 euros por chamar “borrego” ao que era presidente da Audiencia provincial de Lugo

Un veciño de Lugo, en prisión por outros delitos, aceptou este mércores unha condena...