InicioLugo e contornaLugoLugo aproba o plan parcial para o desenvolvemento da Cheda, onde construirán...

Lugo aproba o plan parcial para o desenvolvemento da Cheda, onde construirán 304 novas vivendas

Máis de 130 desas vivendas serán de protección oficial

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Goberno local de Lugo deu luz verde este mércores ao plan parcial para o barrio da Cheda, no que se pretenden construír 304 vivendas, 137 delas de protección oficial.

A zona de desenvolvemento sitúase nas inmediacións da avenida Breogán e ten un orzamento de 3,9 millóns de euros para o desenvolvemento desta iniciativa privada.

Na presentación dos acordos alcanzados na Xunta de Goberno, a portavoz socialista, Ana González Abelleira, explicou que se trata dun plan que afecta a unha extensión de 45.991 metros cadrados, dos cales 27.000 serán para zonas verdes e outros 10.640 para vías.

Unha vez aprobado, o proxecto someterase a información pública, durante un período de dous meses, nos que se poderán presentar alegacións.

A responsable socialista tamén comunicou a licitación dos 55 postos de venda de alimentos e artigos variados no Arde Lucus, unha concesión que sería prorrogable ata o ano 2029.

Pola súa banda, o tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou o adianto da convocatoria de subvencións dirixidas ás ANPAS co obxectivo de facilitar a planificación das súas actividades ao longo de todo o ano, tal e como anunciase anteriormente.

Esta liña de axudas, destinada a asociacións de nais e pais de centros públicos e concertados, pasará a publicarse en abril en lugar de setembro, o que permitirá ás entidades contar con maior marxe para organizar as súas propostas.

As bases publicaranse no BOP tras a Semana Santa e o prazo de xustificación manterase aberto ata finais de novembro. Cada ANPA poderá recibir unha axuda máxima de 2.000 euros, diferenciándose dous tipos de actividades subvencionables.

Por unha banda, as actividades formativas poderán financiarse ata nun 90 % e incluirán iniciativas relacionadas coa educación emocional, a igualdade, a prevención de adiccións ou os primeiros auxilios. O Concello destaca a importancia de reforzar a formación das familias como elemento crave no desenvolvemento educativo e social do alumnado.

Doutra banda, as actividades culturais, como visitas a museos ou propostas con guía, contarán cun financiamento de ata o 60% do seu orzamento.

Na mesma Xunta de Goberno tamén se aprobou o expediente para a contratación da subministración de combustible destinado a instalacións municipais. O contrato, cunha duración inicial de dous anos e posibilidade de prórroga ata catro, contará cun orzamento basee de 100.000 euros, IVE incluído, e permitirá a subministración de ata 42.000 litros de gasóleo B e C.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...