InicioSucesosTrasladan ao hospital unha persoa ferida tras unha saída de vía

Trasladan ao hospital unha persoa ferida tras unha saída de vía

Os bombeiros tiveron que axudar a saír a un dos ocupantes do vehículo, que viaxaba nos asentos traseiros e foi trasladado en ambulancia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha persoa resultou ferida tras saírse da vía no Corgo. Os bombeiros tiveron que axudar a saír a un dos ocupantes do vehículo, que viaxaba nos asentos traseiros e foi trasladado en ambulancia.

Segundo informou o 112 Galicia, ás 14.30 horas tivo constancia deste accidente a través dun particular que acababa de saírse da vía co seu coche no quilómetro 5 da LU-P-1611, na parroquia de Gomeán.

O turismo chocou contra unhas árbores situadas á beira da estrada, quedando inestable. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Sarria, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada.

+ posts

ÚLTIMAS

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

A Deputación esixe á Xunta a retirada do decreto que pecha os centros de saúde os sábados

  O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes reclamarlle á Xunta de Galicia...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...

Unha ex-axente de banca en Monterroso acepta cinco anos de prisión por estafar 250.000 euros a catro familiares

Unha exagente bancaria de Monterroso aceptou este martes cinco anos de prisión e varias...