InicioPolíticaA Deputación participa na xornada de conmemoración do Día Mundial da Síndrome...

A Deputación participa na xornada de conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down

O Deputado de Promoción Económica e Social puxo en valor o traballo de Down Lugo, co que colabora a institución provincial a través dunha achega de 2.000€, e sinalou que “unha sociedade avanza de verdade cando todas as persoas poden formar parte dela”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e o Deputado de Participación Cidadá, Iván Castro, asistiron este sábado na xornada organizada en Lugo para conmemorar o Día Mundial do Síndrome de Down. Na cita, que tivo lugar no auditorio da Facultade de Veterinaria, Rivera Capón puxo en valor o traballo de Down Lugo, co que colabora a Deputación a través dunha achega de 2.000€, e sinalou que “unha sociedade avanza de verdade cando todas as persoas poden formar parte dela”.

O traballo que leva realizando Down Lugo durante estes 30 anos para abrir camiño. Camiños para a formación, para o emprego e para a participación social. E, sobre todo, camiños para que moitas persoas con síndrome de Down poidan exercer algo tan básico como o dereito a vivir con autonomía e a tomar decisións sobre a súa propia vida”, destacou Pablo Rivera durante a súa intervención.

Aberto á cidadanía, o acto xirou en torno á entrega dos XI Premios Down Galicia que recoñeceron ao cociñeiro de Os Cachivaches, Alejandro Méndez, e á Universidade de Santiago de Compostela polo seu apoio ao colectivo. Conducido pola compañía de teatro Down Lugo e o alumnado da escola Palimoco Teatro e Danza, o evento combinou diferentes actuacións de música a cargo de Abraham Cupeiro, humor e reflexión.

Lugo, 21 de marzo de 2026

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...