InicioCulturaO IES Lucus Augusti recibe a Orde Civil Afonso X do Ministerio...

O IES Lucus Augusti recibe a Orde Civil Afonso X do Ministerio de Educación

A distinción recoñece o IES Lucus Augusti como referente da vida académica e cultural da cidade de Lugo no 175 aniversario do centro de ensino

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Educación recoñeceu o IES Lucus Augusti coa Orde Civil Afonso X O Sabio, premio ás persoas e entidades salientables nos eidos do ensino, a ciencia e a cultura. Deste xeito, pon en valor os méritos e servizos deste centro no 175 aniversario da institución.

A distinción ministerial correspondeu a seis centros de todo o estado, dous deles galegos. Ademais do IES Lucus Augusti de Lugo, recibiu a placa da Orde Civil o Centro de Educación Infantil e Primaria de Laredo, en Redondela.

“As familias, autoridades e profesionais da educación, e da sociedade en xeral, temos que colocar o ben dos menores como valor supremo da educación”, comentou a ministra e voceira do Goberno, Isabel Celaá. Dentro do labor a prol do ensino en España, subliñou o papel do IES Lucus Augusti “como referente na vida académica e cultural da cidade”.

O IES Lucus Augusti é un dos tres centros da provincia de Lugo que impartirá o bacharelato de excelencia científica e tecnolóxica Stembach
O IES Lucus Augusti

O IES Lucus Augusti é un dos catorce centros educativos galegos que imparten por vez primeira, neste curso 2018/19, o Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach). Así mesmo, conta cun extraordinario arquivo con fondos históricos e documentais datados do século XVII, e pezas de diversas coleccións e doazóns relacionadas coa física, química, bioloxía ou anatomía humana, entre outras materias.

 

 

ÚLTIMAS

A Xunta anuncia 1.200 vivendas públicas en 22 bloques no residencial do Sagrado Corazón de Lugo

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou este luns...

A crítica edil María Reigosa apoiará os orzamentos de Lugo “por responsabilidade”

A concelleira de Lugo María Reigosa, que pediu recentemente a baixa do PSOE, resolveu...

Cortada a LU-P-4103 en Pantón por un derrube de terra, alerta a Deputación

A Deputación informa do corte ao tráfico da estrada provincial LU-P-4103, ao seu paso...

Deteñen en Lugo os presuntos autores dun atraco en Cervantes no que roubaron 70.000 euros

A Garda Civil detivo aos dous presuntos autores dun atraco rexistrado en outubro nunha...